lunes, 9 de febrero de 2009

Sporting Pontenova xuvenil 5 - 1 Pastoricense‏


Nova victoria do Sporting xuvenil, desta vez o rival foi o Pastoricense, un equipo ben planteado no campo e cunha estratexia clara que era o contrataque pero que non puido facer nada ante o empuxe local.O partido poñiase de cara xa no minuto 15 cun gol en propia porta tras unha gran xogada de Matelo,e minutos máis tarde chegaría o 2-0 obra de Picota, que se estrenaba como goleador na presente campaña tras realizar uns meritorios partidos nas últimas xornadas, así se chegou ó descanso.Na segunda parte o Sporting saliu dormido e o Pastoricense púxose 2-1 no marcador, e enviando un balón o largueiro que puido ser o empate a dous.Logo, o Sporting reaccionou tras un gol de Matelo cun fallo garrafal do porteiro visitante e cun gol de Jorge tras o saque dunha falta ó segundo pau.Sentenciaba Seoane co quinto e último gol tras unha boa xogada de Christian.

Sigue leyendo...



Con este resultado, o Sporting continua segundo na tabla empatao co Foz,e a un punto do Sagrado Corazón.A vindeira xornada, desplazamonos a Lugo para medirnos o lider, no que será probablemente o partido máis importante desta liga, o resultado da 1ª volta fora o empate a 1-1 sendo este o unico empate que cedeu o Sagrado Corazón no que vai de liga.O partido será as 18.00 no campo da Cheda, ó lado do Anxo Carro e no que se espera volver a vivir un emocionante duelo entre os dous mellores equipos da categoria como xa se vivira no partido da primeira volta.
VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.