lunes, 9 de febrero de 2009

A Pontenova invita a tapas a vindeira fin de semana. Entrevista Carlos Bermúdez.


Cantos establecementos participarán na segunda ‘Ruta das tapas’ pontenovesa que se celebrará a vindeira fi n de semana?
Desta vez participan todos, dado o éxito da edición pa sada, así que son un total de dezaséis establecementos os que están dispostos a ofrecer as súas mellores creacións culinarias o venres e o sábado que vén.
Que tipo de tapas haberá desta vez?
Visitantes e pontenoveses poderán elixir entre os pratos máis tradicionais, coma ovos ó diaño, calamares, cocido, garavanzos con bacallau ou lacón asado con pementos, ou ben decantarse por creacións sofisticadas, tales coma ‘brik’ de queixo, noz e caramelo, sorpresa de gulas con ovos de codorniz ou solombo bicolor. Dende os produtos máis galegos, coma a polbo con cachelos ata outros máis exóticos e frescos, coma o cóctel de piña.
Teráns os clientes a posibili dade de votar á mellor crea ción gastronómica?
Non, queremos que sexa algo aberto, sen que haxa competencia entre os establecementos, que simplemente queren atraer a fin de semana a un maior número de clientes e visitantes á localidade gracias a pratos saborosos e variados.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.