lunes, 26 de enero de 2009

Sporting Xuvenil 2-0 Ribadeo‏



O Sporting xuvenil volveu a senda do triunfo tras encadenar duas xornadas sen sumar os 3 puntos ante o Ribadeo nun bo partido, moi sólido, e con resultado de 2-0. Foi un partido tranquilo,o Sporting adiantábase no minuto 20 da primeira parte tras unha xogada espectacular, toca Picota co tacón polo aire nun salto e cae nos pes de Matelo que o engancha dun zurdazo impresionante cara a portería visitante e tras dar na escadra entra o balón, o mellor gol dos que levamos vividos ata o de agora na presente campaña,e así chegouse ó descanso.Logo, no minuto 20 da segunda parte chegou o difinitivo 2-0 cunha xogada de Jorge que definiu so ante o porteiro e ahí sentenciouse o partido.Con esta victoria continuamos segundos empatados co Foz que esta xornada tamén sacou adiante o seu partido.Destacar o partidazo de Picota por segunda xornada consecutiva que esta a completar un campeonato sensacional, e tamen a loita de Arango unha vez máis na medular.A vindeira xornada desplazamonos a Barreiros,visitar ó Iberia, penúltimo clasificado e esperando un tropezo do Foz que visita ó lider Sagrado Corazón.
-------JORGE MOIRON SPORTING PONTENOVA-------
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.