
«O museo do salmón é un exemplo desas cousas herdadas que temos que amañar. Non sei por que o Concello cedeulle un solar á Consellería de Medio Ambiente cando xa estaba o edificio feito. Nós pedímoslle á Consellería que no lo devolva, para que nos fagamos cargo. Cando sexa así, como se trata dun edificio moi grande, pensamos aproveitalo para a escola de música, e o local de abaixo para sala de exposición, museo do salmón e feiras. O mercadillo de Nadal, por exemplo, xa se fixo alí e todo foi moi ben», explicou Darío Campos.
Sigue leyendo...
-O Concello de A Pontenova está a experimentar un proceso de envellecemento da poboación, ¿como afecta iso á política municipal?
-Ese é un asunto primordial. Temos que ampliar ós servizos. Agora estamos coa axuda no fogar, pero imos ter que aumentar as prazas porque a xente vai envellecendo. Temos as vivendas comunitarias, que abriremos este ano nas vivendas sociais, porque temos que xustificar a subvención. Pero o noso propósito é facer un novo centro de día cunha residencia de entre dez e quince prazas para persoas maiores. Esa é a nosa idea, e eso estamos negociando.
-¿É optimista a respecto do futuro de A Pontenova?
-Si que o son. Hai sectores como o turismo que poden resultar moi rendibles, por exemplo si sabemos aproveitar o tirón que ten Taramundi, que está a carón noso. Tamén temos que pensar en seguir organizando feiras e eventos, porque o éxito por exemplo da feira de antigüidades ou do mercado de Semana Santa fannos ver que teñen futuro. O que ocorre é que ó mellor hai que enfocar a actividade económica cara a outros sectores, non só o río e a agricultura. O turismo pode ser unha solución. Ademáis, a industria de A Pontenova sempre foi puxante. IPV xa superou a súa crise e agora vai ben, e aí están Recense, talleres mecánicos e outras. E o sector da madeira tamén é moi forte. Penso que hai bases para ser optimista.