martes, 30 de enero de 2018

O lobo mata dez ovellas nunha granxa da Pontenova

Parte do rabaño da explotación da Pontenova. TVG
Fuente: El Progreso


Segundo o propietario da explotación ecolóxica as perdas económicas superan os 1.500 euros.

A granxa de ovellas de raza autóctona galega perdeu a terceira parte das cabezas de gando ao morrer dez delas, tres resultaron feridas e unha está desaparecida.

Segundo comenta o dono das ovellas, as perdas económicas superan os 1.500 euros e os técnicos de Medio Ambiente xa se desprazaron ata a granxa.

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.