O CASADO CASA QUER por JL. Lilo
Unha noite de inverno do ano mil novecentos trinta e seis,
na lareira da Casa de Agosto do Castro na Picota, sentado no
escano xunto ao lume, Gumersindo “Gumer” saca a petaca da zamarra io
librito do petiño do chaleque e pónse a liar un pitillo, mentras, a sua dona
Brigida “Ida”, engruñada, remexe o caldo de berzas no pote que está
quentando enriba dos tres pés e, ao tempo, érguese e vaise a lacena para coller
as dúas afumadas cuncas de barro, as culleres e dúas taciñas de porcelán branca
esportilladas polos cantos azuís.
Póñense a comelo e a entrellalo cas codelas de pan
trigo balorento polas beiras, sen deixar de asoplar a quentura para non
escaldar as gorxas. Cada pouco, para baixar a fogaxe da boca, beben uns grolos
de leite das cunquiñas brancas.
Non hai conversa, só atenden a rebañar dos ventres das
cuncas as pingas do unto que amoleceu o pan, mesturouse cas berzas, fabas
mouras e patacas que, por terceira vez,
requentado non lle deixou rastro da bravura da primeira fervedura.
Gumer remata a faena e espreguizase denantes de dicir: Qué ben vou, tiña gañas de meterlle
algo quente ao corpo, hoxe fixo moito frio.
Ida, ergue a testa e mirao como se fora un pantasma,
respondendolle: Fixo
frio home fixo, non sei que ten o viño de agora que non quenta.
Faise un silenzo.
Ida érguese e sae da cociña.
Gumer acende a colilla cun tizón e tose isa tós fonda de bo
fumador.
Gumer: Oie Ida, ónde andas?
Ida: Qué me queres oh, estou facendo as
miñas cousas.
Gumer: Ah, as tuas cousas ¡¡, sabes que ouvín hoxe na taberna
do Reguengo, que parei a tomar un
chiquito cando viña da louseira
de Valiñaseca?
Ida: Qué
raio vou saber, cousa boa non.
Gumer: Que a tua filla Esperanza “Espe” está engatuxada con
Domingo “Domi”
da casa do Emigrado de Figueirúa.
Ida: Dirás a nosa filla, quén te escoite ¡
Gumer: Por nosa está nos Rexistros, próo-rí-e ao tempo atiza a
lareira-
Ida: Deixa as suas cousas e prantase na
cociña mirando a Gumer.
..conta, e logo, Gurmiño, quén falou do
engatuxamento, non sería
Enriqueta...isa goza cos contos.
Gumer: Non muller, foi Don Justo.
Ida: ¡¡
O cura¡¡
Gumer: E logo, cantos Justos coñeces tí de por aquí?
Ida: E
que se lle perdía no Reguengo ao cura?
Gumer: ..rosmando
polo baixo...manda
carallo, entón o cura non está máis no Reguengo que na igresia?, é sabido
que non é de secano...as malas compañías
destas terras (rise ao tolo)..”dime con quién andas y te diré quién
eres..”
Ida: Ai, Deus¡, falas
como un mestre... cala óh cala, que pode estar alguén
escoitando no camiño.
Gumer: A de ter gañas, ca noite
que fai... quén me mandaría falar..sabes o que che
digo...xa non dormiras un sono ista noite e o malo será que non acougarás
e tampouco vou dormir eu.
Ida: ...Ai, cantas veces me privaches tí
de dormir , con gañas ou sen sen
elas, nada che
neguei...sabes que sempre fún do xeito.
Gumer: A verdade é certo, de moito
xeito de Deus, axeitadiña dende que soubeches para que che servía.
Gumer rematou o pitillo, tirou a colilla no braseiro e Ida
sentouse no tallo e cada ún escomenzou a falar para sí:
Ida: E logo que viría o cura, porque
lle dixo tal cousa...hainas que teñen moita envexa, pro van morrer con ila...a miña Esperancita é boa
moza e vai casar ben.
Gumer:... mira que ten leria agora...que se o cura..
que se a fermosura da filla...
Gumer: Pró Idiña, non te das
conta que Don Justo é unha persoa que sabe de Deus e predice
o futuro.
Ida: ..Predice si e
coida de las corderitas, moito vicio e confesionario...qué.. quer predicir
a nosa filliña.
Gumer: Mira miña rula, por agora
non predice nada, pro observa si ve.
Ida: Entoleasme, pró que viu homiño..que
viu, non dices nada craro.
Gumer: Díxome a orella que no anoitecer do
derradeiro domingo atopounos bicándose ao pé
da figueira Ramona que esta
xunto a casa de Silveira.
Ida: Estaban a
bicarse.. e iso predice...pónse rufo lambón... o que tiña que dicirlles era que cando fora o preceuto
que cumplirán co sacramento da confesión.
Gumer: Que me coma o demo, Idiña, a tí
nonche da a cabeza para máis, non sabes cos curas
non poden contar o que escoitan no confesionario...para tí o segredo da confesión é a lei do
embudo “Yo que lo sé te meto un puro”.
Ida: ...Aquí temos o
seminarista que só vai a misa o día de Santa Apolonia.
Gumer: Perdoa, estás moi
equivocada, tamén vou o día da Santa de Conforto.
Ida: ...Que predice o cura nen que
gaitas...prediciría si Espe estivera en estado, así o Domi con
vergoña ou non tería que casar con ela, pois remataron os tempos de
fillar sen ton nen son e “si te he visto no me acuerdo”.
Gumer: Prega que non se cumplan
as predicións...polos cravos de Cristo deixame xa en paz, co cura, co casoiro e co farrapo de gaita.
Faise un silenzo...ata que é rachado por olladas de
complicidade.
Ida: Boeno, boeno, boeno...así se falan
as cousas nunha casa que teñen que resolver un
groso problema.
Gumer: Millor tranquilizarse e calar e
cando vexamos cos nosos ollos poderemos falar.
Ida: Estou dacordo contigo.
(Continuará)