sábado, 25 de julio de 2015

Hipoweb, unha empresa con raíces na Pontenova.

HIPOWEB
Empresa dunha veciña nacida na Pontenova. Ela mesma se nos presenta:

Son Lorena Expósito Fernández nacida na Pontenova e residente en Burela, xunto con Jessica Garrido, nacida en Gijón e residente en Vigo, emprenden e crean a HIPOWEB.
Coñécense en Gijón cando comezan a carreira universitaria de Enxeñería Informática. O tempo úneas en unha gran amizade e dende fai uns meses xuntaron os seus camiños para darlle vida a HIPOWEB.

 ¿Que é HIPOWEB?

É unha empresa que se nace para darlle un toque máis dinámico e creativo ao mundo online.
Cren que hoxe en día a presencia en Internet é primordial para calquera negocio polo cal xuntando a creatividade que as caracteriza e a pasión por este mundo apostan por consolidar mais aos negocios que teñen presenza en internet e sobretodo dar o empuxón aos que non a teñen.
En canto aos servizos que ofrecen destaca a realización de páxinas web, aplicacións para móbiles e programas de xestión. Sen deixar de lado aos seus clientes cun diseño personalizado e acorde a cada negocio ademáis de un exclusivo mantemento online, posicionamento SEO, creación e mantemento de redes sociais.
Para coñecelas mais pódese visitar a súa paxina web: www.hipoweb.es ou a súa páxina de Facebook: https://www.facebook.com/hipoweb?fref=ts"

Lorena Expósito Fernández
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.