martes, 24 de marzo de 2015

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA


SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL

XORNADA 20 (Partido Aplazado)

ABADIN C.F. 0 - SPORTING PONTENOVA 1

"Adrían Pasarín reina en Abadín"

Clasificacion Actual
Sp. Pontenova: Ruben, Luis (Borja), Arango, Anxo, Villi, Garboso, Rivas, Keitas (Jorge), Caseto (Cristian), Tontxu e Adrian Pasarin. 

Gol: Adrian Pasarín

No partido aplazado no seu dia pola neve que cubría o Municipal de Abadín, disputado o Venres 20.03.2015 o Sporting conseguíu traer 3 importantes puntos que lle permitian recuperar a quinta posición.

O partido comenzaría ben para os intereses gualdinegros, no minuto 20 Adrian Pasarín non desaproveitaba unha boa asistencia de Rivas para subir o gol o marcador. Deste xeito remataría a primeira metade.

Táboa Goleadores
Na segunda o Abadín apenas inquietou a meta defendida por Rubén, o Sporting puido ampliar a súa ventaxa, pero non estaría acertado. No minutos finais o Abadin foi arriba pero os visitantes aguantaron ben as súas investidas. 

XORNADA 26

S.D. GUITIRIZ 1 - SPORTING PONTENOVA 1



Sp. Pontenova: Ruben, Puente, Arango (Garboso), Anxo, Villi, Rivas, Borja (Caseto), Tontxu (Keitas), Ivan, Jorge (Cristian) e Adrían Pasarín.

Gol: Adrian Pasarín


O domingo desprazabase o equipo o Suso Cruz de Guitiriz. Nun partido condicionado polo aire, na primeira parte o Sporting xogaría a favor, dispoñendo de moitas ocasións de gol, pero non foron capaces de subir ningun tanto o marcador.



Na segunda metade, no minuto 1, unha boa xogada visitante acaba cunha gran asistencia de Jorge, que Adrian Pasarín non desaproveitaba e convertia en gol. Pouco durou a ventaxa, xa que un gol olímpico do Guitiriz, establecía as táboas no marcador no minuto 25. De ahí ata final o partido abriuse e puido caer calquer equipo.


Bo fin de semana para o equipo dirixido por Dani Moirón, que sumou 4 puntos en 3 dias a domicilio. 

A vindeira xornada visitannos as E.D. Lourenzá, equipo que está inmerso na loita polo ascenso. O partido será o domingo as 17:00h no Campo da Mina.


¡Aúpa Sporting!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.