martes, 2 de septiembre de 2014

Enfrontamento entre os veciños e o cura dunha parroquia da Pontenova pola restauración dunha Virxe




O sacerdote asegura que é a mesma imaxe pero só se mellorou o seu aspecto porque estaba moi deteriorada. Pero os veciños sospeitan que cambiaron a talla. Din que esta virxe é máis pequena e fáltanlle moitas xoias e parte das vestimentas orixinais.
Esta é a imaxe da Virxe de Conforto que mantén enfrontados aos veciños co cura desta parroquia de A Pontenova
O sacerdorte, que leva un ano no lugar, recoñece que mandou reparar a talla para que tivera un mellor aspecto para a festa que na súa honra se celebra dentro dunha semana. Asegura que estaba moi deteriorada, pero non reparou en que precisaba unha autorización. 
Asegura que é a mesma virxe e que o único que se fixo foi pegarlle o torso que estaba cuberto por telas e correas, así como remprarzar as antigas mans da virxe demasiado desproporcionadas,´ao seu parecer co tamaño da imaxe. 
A nova imaxe presenta ademais un neno Xesus en brazos que antes non tiña pero fáltalle un cordón de ouro e moitas das xoias que os feligreses lle donaran como agradecemento polos favores recibidos da santa
A que mais molesta aos veciños é que o cura non lles dixera nada da súa intención e que sacara a Virxe do santuario sen aviso ningún. E tampouco se fían das fotos que o cura expón ao carón do altar para documentar como foi o proceso ao que foi sometido a imaxe
O malestar dos veciños non é novo, dínq ue levan uns meses coa sospeita de que faltan máis pezasa da igrexia e que se están a facer oputros cambios sen ningun tipo de aviso. Xa remitiron un escrito ao Obispado con mais de 500 sinatruas, pedindo que lles devolvan a imaxe da Virxe que eles lembran dende hai máis de 300 anos.
Fuente: TVG


Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.