martes, 23 de julio de 2013

O coñecido pianista Emili Brugalla dará un concerto gratuíto en Ribadeo en apoio ao proxecto social “O Formigueiro”

O pianista catalán Emili Brugalla, integrante do “Trío Kandinsky”, ofrecerá un concerto
gratuíto o martes 23 ás 21.00h na tenda de música Vírgula (Rúa Enxeñeiro Schultz, nº
2. Ribadeo)

A entrada é libre, con aportacións voluntarias para o proxecto social “O Formigueiro”

O programa do concerto titúlase Arabesc “La huella de Al-Andalus en el piano
moderno”, e recolle música de Mompou, Debussy, Guinjoan, Granados, Falla...

https://mail-attachment.googleusercontent.com/attachment/u/0/?ui=2&ik=e2fd22c00f&view=att&th=140069fe83c8e711&attid=0.2&disp=inline&safe=1&zw&saduie=AG9B_P_Ut1iObObaCVnenk6FaNz7&sadet=1374531753493&sads=Q9lyhYwvfsivjYftwA97nSiXRxE&sadssc=1Ribadeo, 21/6/2013.– O proxecto social “O Formigueiro” recibirá un novo empuxe grazas á
colaboración desinteresada do famoso pianista Emili Brugalla, que está a pasar uns
días de lecer pola zona de Ribadeo.
O músico celebrará un concerto gratuíto, cun programa titulado Arabesc “La huella de
Al-Andalus en el piano moderno”, que recolle música de Mompou, Debussy, Guinjoan,
Granados, Falla... O obxectivo deste concerto é recaudar fondos para o financiamento
dos diferentes proxectos que está levando a cabo “O Formigueiro”.
Entre estes proxectos atópase o arranque e mantemento dunha explotación hortícola
para o autoconsumo que se leva a cabo grazas á cesión, tamén de xeito
desinteresado, dunha casa e varias fincas por parte dunha veciña de Vilaselán. “O
Formigueiro” creará tamén un roupeiro con taller de costura, un espazo-biblioteca para
o intercambio de libros de texto e un banco do tempo.
“O Formigueiro" é un proxecto de cooperación social, que naceu a finais de 2012
impulsado pola asamblea de desempregadas/os no marco do Ribadeo solidario. Esta
iniciativa busca cambiar a realidade dende abaixo con base na confianza, o respeto e
o apoio mutuo. Está aberta á participación de todas as persoas.

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.