martes, 23 de julio de 2013

2ª Carreira de Montaña da Pontenova

O Domingo 21 de Xullo ás 10 da mañá celebrouse a 2ª Carreira de Montaña da Pontenova, organizada pola Sociedade Deportiva Albións. 62 valentes corredores e corredoras chegaron á meta tras un esixente percorrido de algo máis de 19 km por pistas forestais e por tramos moi técnicos, entre os cales destaca por pintoresco o paso pola antiga mina do Sarredo, incluíndo fermosas galerías.
O vencedor absoluto da proba foi Emilio Martínez Anta, que finalizou nun tempazo de 1h26m17s. En mulleres a vencedora foi a lucense Patricia García González cun impresionante tempo de 1h44m40s.
Agradecemos moito a participación dos corredores e corredoras nesta novidosa carreira, que estreaba trazado, e o bo clima existente.
Pola parte local, destacar a actuación de Constantín Dragomir, que foi boa parte de percorrido en primeira posición e finalmente quedou na 3ª praza xeral, e 1º na Senior, a só dous minutos do vencedor absoluto. Tamén Andrés Lombadero, os irmáns Santi e Alfonso Coladas, Jorge García Esteban e Eugenio Rodríguez deixaron alto o pavillón local finalizando a proba.
Desde a SD Albións queremos agradecer tamén a colaboración desinteresada de moitas persoas na organización do evento, e moi especialmente aos Cabaleiros das Gabeás, que puxeron unha nota especial colaborando cos seus cabalos na sinalización e orientación da carreira.
Para o ano que vén, máis e mellor! 

Clasificación da 2ª Carreira de Montaña de A Pontenova - 2013

 





Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.