miércoles, 10 de julio de 2013

Aberto o prazo para solicitar o plan Satelíz@te da Deputación

satelizateA Deputación de Lugo abriu este luns 8 de xullo o prazo para solicitar o plan Sateliz@te, unha iniciativa a través da que dotará gratis de conexión vía satélite a Internet a uns 800 veciños, asociacións e PEMES do rural da provincia situados en zonas de sombra, é dicir, onde non poden contar con outro tipo de cobertura. O Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou que os interesados poderán chamar ó 982-26-02-02 ou entrar na web www.satelizate.deputacionlugo.org ata o vindeiro 31 de agosto para pedir as axudas, “un novo esforzo da Deputación por estender o uso das novas tecnoloxías da provincia co dobre obxectivo de mellorar a calidade de vida dos veciños e impulsar o desenvolvemento económico para crear emprego e fixar poboación”. A apertura da convocatoria tamén sae publicada este luns 8 de xullo no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Gómez Besteiro fixo estas declaracións en Vila Reguenga, na parroquia de San Martiño de Castro, en Paradela, onde estivo cunha familia que conta xa dende hai dous anos con conexión vía satélite a Internet, un servizo que supuxo “un gran cambio” na súa vida diaria, tal e como destacou Carlos López Arias, un dos residentes na vivenda. Este veciño de Paradela deixou patente as enormes vantaxes que supón este tipo de instalación para a xente do rural: “Estabamos pagando por un servizo do que realmente non dispoñiamos porque o acceso á rede era moi lento. Hoxe, coa antena vía satélite, usamos moito Internet porque podemos facer compras, vendas, trámites relacionados coa nosa explotación gandeira e acceder a todo tipo de información cunha conexión rápida e de calidade. Ademais, resúltanos moi útil para os rapaces, que están estudando”.

Pulsa en La Cronica3.com para leer mas.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.