lunes, 13 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013 - PENSAMENTO E SEMENTEIRA

Hai agora 25 anos, o músico HERNÁN NAVAL PARAPAR lanzou, sendo presidente da Agrupación Cultural SEMENTEIRA,  “unha campaña nacional de propaganda e de estímulo da povoación”—así o deixou  escrito—para lograr que o Teatro Pastor Diaz  fose patrimonio público. E así foi.

Mentras o edificio do Teatro estivo en obras, SEMENTEIRA  programou  representacións teatrais en varios locais, privados e  públicos da vila. O café-bar Chipe ou os claustros de San Francisco acolleron representacións en pequeno formato  nas que actuaron, entre outros, actores como Roberto Vidal Bolaño a quen este ano se lle dedica o Día das Letras.

Roberto morreu cando só tiña 52 anos e Hernán deixounos aínda sen cumpir os 40. Os dous estaban no mellor da súas vidas creativas.

O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA quer celebrar  o Día das Letras vinculando estes dous nomes co fermoso Teatro Pastor Diaz. É por iso que os convidamos ao acto de colocación dunha placa na fachada fo Teatro Pastor Diaz  onde actuará o Grupo de Metais do Conservatorio o videiro martes día 14 de maio de 2013 ás 20 horas

Organiza:
-Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA

Colaboran:
-Grupo de Metais do Conservatorio Profesional de Música
- Concello de Viveiro

 Mariña Patrimonio
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.