lunes, 25 de febrero de 2013

Riguiletes Do Mundo

Memorable e soberbia actuación d@s riguiletes na media maratón da Coruña esta mañá, que confirma a excelente preparación que están seguindo para a maratón de Barcelona. Rivitas Pelazo, coa axuda da lebre de luxo Santi Coladas, asinaba 1:32:36, un tempo mui,mui bon, novena muller e 4ª na categoría Senior. Santi Coladas viña de facer 1:27:52 o pasado Domingo na media maratón Corazón de Asturias. Que dicir do profeta Ventura, que aos seus 65 febreiros rompeu pronósticos cun tempazo de 1:36:35, quinto na categoría de máis de 60. E tamén destacar que Ero Sante Gueimonde acabou a súa primeira media en 1:45:52, pois o "que tivo, retivo"! Bravo pol@s riguiletes! Tan coma carballos!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.