O DERBI QUEDOUSE NA CASA
Sporting Pontenova 1 - Riotorto C.F. 0
Logo de tanto tempo sin cruzarse en competición oficial de liga, o derbi non defraudou. Mala tarde de fútbol debido a climatoloxía adversa, pero aínda así as gradas do Campo da Mina, presentaron un ambiente de gala, con tres cuartos de entrada.
O campo estaba en malas condicións pola cantidade de auga caída na comarca nos ultimos dias, pero non impediu ver un bo espectáculo.
O equipo dirixido por Dani Moirón fixo un partido moi serio, creando varias oportunidades claras de gol e maniatando en todo momento o seu rival, que prácticamente non creou perigo. O partido decidiuse no minuto 85, cun gol de Garboso, logo do saque dunha falta lateral.
O Sporting Pontenova colócase así con 14 puntos e parece que atopou o camiño a seguir nos partidos do Campo da Mina.
Agradecer a todo xente que foi apoiar o equipo, esperemos que disfrutaran do gran partido.
¡AÚPA SPORTING!