viernes, 3 de agosto de 2012

A Deputación destina 100 mil euros a mellorar a comercialización dos produtos autóctonos e reactivar a economía

[...]
36.000 euros para A Mariña
Dos 100.000 euros contemplados no Plan Estratéxico de Subvencións do INLUDES para promocionar os produtos autóctonos, un total de 36.000 están destinados a certames organizados na Mariña, e á actividade e funcionamento das confrarías de pescadores. Deste xeito, xunto á Festa do Percebe de Celeiro ou PRODUART, o plan tamén beneficia a outras localidades mariñanas, ó apoiar eventos emblemáticos na comarca, e na maioría dos casos con sona non só na provincia, senón en toda Galicia, como son o Mercado Renacentista de Viveiro; a Festa do Berberecho de Foz; ou a feira de mobles e antigüidades da Pontenova. No resto da provincia, algunhas das convocatorias apoiadas son as feiras de artesanía de Castroverde e Guntín; Expogrelo de Abadín; a Festa da Verza Riza de Labrada, en Guitiriz; a Festa da Castaña de Folgoso do Courel; a Festa da Cereixa de Ribas de Sil ou a Xornada sobre a Exaltación dos Produtos do Mar na Montaña, en Becerreá. 

A Deputación destina 100.000 euros a mellorar a comercialización dos produtos autóctonos e reactivar a economía da provincia
- O organismo provincial impulsa con esta achega 25 certames encamiñados a poñer en valor e difundir a calidade dos recursos agroalimentarios e artesanais de Lugo, así como a actividade de todas as confrarías de pescadores mariñanas
- A Festa do Marisco da Mariña, presentada esta mañá en Foz; a Festa do Percebe de Celeiro, que se celebra hoxe na vila viveirense e na que participará Lara Méndez; e a feira Produart, que terá lugar esta fin de semana en Burela, son tres das citas que respalda a institución
A Deputación de Lugo destina unha partida de 100.000 euros neste ano 2012 a poñer en valor, difundir e mellorar a comercialización dos produtos autóctonos da provincia como unha vía para revitalizala economía luguesa, sobre todo na zona rural, e frear a grave perda de poboación que está a padecer. Con esta achega, enmarcada no Plan Estratéxico de Subvencións xestionado polo INLUDES, o organismo lugués impulsa 25 certames encamiñados a xerar riqueza na provincia aproveitando os seus recursos agroalimentarios e artesanais, así como a actividade de tódalas confrarías mariñanas.
“Trátase de impulsar sectores estratéxicos e produtos autóctonos para contribuír a reactivación da economía local e fixar poboación”, destacou o Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, José Ramón Val, durante a presentación da 3ª Festa do Marisco, promovida polo grupo de comunicación El Progreso, un acto que tivo lugar na mañá deste xoves no Concello de Foz. Precisamente, este evento gastronómico, “que está gañando peso no calendario festivo da Mariña e do resto da provincia”, indicou Val, é unha das citas que respalda a institución luguesa, ó igual que a 3ª Festa do Percebe de Celeiro, que se celebra tamén hoxe na vila viveirense baixo a organización da Confraría de Pescadores Santiago Apóstol e na que participará a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, ou a feira de Produtos Artesanais e Ecolóxicos (PRODUART), que terá lugar esta fin de semana en Burela.
36.000 euros para A Mariña
Dos 100.000 euros contemplados no Plan Estratéxico de Subvencións do INLUDES para promocionar os produtos autóctonos, un total de 36.000 están destinados a certames organizados na Mariña, e á actividade e funcionamento das confrarías de pescadores. Deste xeito, xunto á Festa do Percebe de Celeiro ou PRODUART, o plan tamén beneficia a outras localidades mariñanas, ó apoiar eventos emblemáticos na comarca, e na maioría dos casos con sona non só na provincia, senón en toda Galicia, como son o Mercado Renacentista de Viveiro; a Festa do Berberecho de Foz; ou a feira de mobles e antigüidades da Pontenova. No resto da provincia, algunhas das convocatorias apoiadas son as feiras de artesanía de Castroverde e Guntín; Expogrelo de Abadín; a Festa da Verza Riza de Labrada, en Guitiriz; a Festa da Castaña de Folgoso do Courel; a Festa da Cereixa de Ribas de Sil ou a Xornada sobre a Exaltación dos Produtos do Mar na Montaña, en Becerreá.
3ª Festa do Marisco
A Festa do Marisco da Mariña, impulsada polo grupo El Progreso, conta co apoio da Deputación dende a súa primeira edición porque pon en valor a riqueza da costa mariñana, pero ademais, segundo destacou José Ramón Val, “é un moi bo exemplo de que a colaboración entre o sector privado e as administracións públicas pode dar moi bos froitos. Xuntos somos máis fortes e xuntos podemos reiventarnos, sacando adiante proxectos que contribúan a xerar riqueza na provincia aproveitando a calidade dos produtos autóctonos”.
Nesta ocasión, a cita gastronómica, respondendo o carácter rotatorio co que naceu, celebrarase o vindeiro 18 de agosto no Paseo da Ribeira de Foz, despois de ter lugar en Burela na súa primeira edición, e en Cervo, na segunda. A un prezo competitivo de 20 euros, ofrecerase, de 12:00 a 24:00 horas, un menú composto de nécoras, cigalas, percebes, mexilóns e berberechos. No caso de comprar de forma anticipada os tiques -nas oficinas centrais de El Progreso en Lugo, nas súas delegacións de Burela, Viveiro ou Ribadeo, na oficina turismo de Foz ou no restaurante Palacio Cristal de Burela- o prezo baixa a 18 euros.
Xunto a Val, no acto de presentación da Festa do Marisco estiveron tamén presentes a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez; o xefe do departamento de Mar da Xunta para A Mariña e Ortegal, Pablo Fernández Asensio; o director de Márketing e Publicidade de El Progreso, José Manuel Bouzada; o cronista oficial de Foz, Suso Fernández; e o Alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira. A nova edición deste festexo non sería posible sen a colaboración de: El Progreso; Deputación de Lugo; Concello de Foz; Xunta de Galicia; Palacio de Cristal; Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (ACIA) de Foz; Cetárea Burela; Distribuciones Carreiras; Logaidea Comunicación; Os Molineros; Nos; Construcciones y Canalizaciones Saa; e Toldos Jocar.
Comercio electrónico
Outra das actuacións básicas que a institución provincial impulsou co mesmo fin de poñer en valor e mellorar a comercialización dos productos autóctonos foi a posta en marcha da plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com á que xa están adheridas corenta empresas lucenses. Este primeiro centro comercial virtual da provincia, creado a través do programa europeo Innova-TE, conta cun apartado específico e destacado para os produtos autóctonos. A plataforma aumenta as posibilidades de incrementar o volume de beneficios das empresas ó abrirlles novos mercados e facilitar as vendas, pois os clientes poden comprar as 24 horas do día, os 365 días do ano. Este portal non ten límite de empresas, nin de oferta de produtos. A Deputación creou así mesmo a marca Lugo Sabe, coa que contan a día de hoxe 35 empresas agroalimentarias da provincia. Os seus produtos están á venda en tendas da cadea de supermercados Cemar, en Cafestore e La Palloza Gallega. A iniciativa tivo tan boa acollida que xa hai moitas firmas interesadas en recibir tamén este distintivo, polo que o organismo provincial ampliou o proxecto coa segunda fase do programa Lug02, para a que a Unión Europea lle concedeu 6,5 millóns de euros.
VOLVER A PONTENOVA.ES
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.