viernes, 20 de julio de 2012

Conto do "Ponte de Cadavedo" por Ramon Cancio

Outra de Pontes.

Esta vez sucedeu na Ponte de Cadavedo, aínda era de madeira, jajaja, anda e que non choveu. Como todos sabedes aínda que o Riotorno non era tan troiteiro como o Eo, se contaba con especies moi apetecibles. A troitas vellas adoitaban repousar nos pozos e revoltas do rio, eu creo que neses lugares veian aos pescadores, os anzois e as culleriñas e se rian plenamente delas e mais deles. Jajajaaja.
Isto que vou relatar sucedeulle a un pescador de Puentenuevo, non era dos Patricios, magnificos troiteiros, (eses tenian mais flegma e aguante). Era un coñecido comerciante de tecidos e acostumaba a facer "paradas" neses pozos e intentar enganar coas mellores artes as troitas mais vellas.
Dende logo, ese pozo tiña as mais gordas e grandes troitas asalmonadas do rio, o sol ao traspasar a auga daba nas súas escamas e resplandecia coma se fosen pedras preciosas.
Despois da enésima vez de intentalo con todas as artes de pesca, se decia que ata con nasa, e outros aparellos sofisticados, cada vez a "cabrona da troita" parecia máis segura de non ser atrapada. Ese día non poido mais, a súa paciencia de pescador desbordouse e tras ver como se reia del, montou na bici e foise á súa casa pola escopeta de caza.
Nin curto nin preguiceiro, e co sorriso de satisfacción nos seus labios descargou os cartuchos na bochuda troita ata que a pobre remató destruída polas descargas.
Moi ao seu pesar, non logro comersela, pois acabou desfeita en mil anacos, que asi, serviron de alimento ás outras troitas do pozo.
De mais esta dicir que malia a satisfacción da súa vinganza, o triunfo foi amargo ao non poder presumir de pescar a troita, pero iso se se conformo con "cazala".

Nin que dicir ten, foi motivo "sotovoce" das risas e comentarios dos que se decataron e transmitiron a fazaña nas "polavilas" ou faladoiros de entón. Título
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.