lunes, 23 de abril de 2012

2ª XUNTANZA ABERTA NA MARIÑA. UNHA NOVA ORGANIZACIÓN POLÍTICA PARA GALICIA

RIBADEO, SÁBADO 28 DE ABRIL ÁS 18:00h
Salón de actos da Casa do Mar (Rúa Clemente Martínez Pasarón 8 -1º Piso).
Para acceder ao salón de actos entrase por unha porta lateral subindo unhas escaleiras (é no mesmo edificio no que está a escola de música, por se alguén precisa preguntar).
 
ACUDE Á XUNTANZA ABERTA E PARTICIPA!
AS TÚAS IDEAS E A TÚA PARTICIPACIÓN SON O MÁIS IMPORTANTES!
 
Falarán para dar unha visión xeral do país:
Jéssica Fernández Polo (+Galiza),
Xoán Hermida (Ecogaleguistas),
Mario López Rico (Encontro Irmandiño),
Xosé Manuel Pérez Bouza (Acción Galega).
 
Ao remate, todas as persoas que queiran intervir para dar a súa opinión ou facer preguntas terán tamén a súa quenda.
 
 
 
Estimadas amigas e amigos:
Galicia, ao igual que o resto do Europa, está pasando por unha fonda crise á que as e os políticos que nos desgobernan actualmente non saben ou non queren poñerlle fin.
As distintas opcións políticas que existen non convencen á cidadanía, e cada día destápase un novo caso de corrupción política, denotando a necesidade de que UNHA NOVA ORGANIZACIÓN POLÍTICA apareza na escea galega.
Unha nova organización política aberta, plural, de esquerdas, comprometida co desenvolvemento sostible e productivo e coa xente de a pé. Coa igualdade entre todas as persoas, coa xustiza social e co benestar.
Unha organización cos pés na Terra, que saiba marcarse obxectivos realizables e acompañar as persoas nas súas demandas sen paternalismos, mais sen renunciar a obxectivos a medio e longo prazo.
Unha organización na que as persoas que durante meses demandaron nas prazas e na rúa un mundo máis xusto teñan cabida. Na que a xente do PSdG que ve como o PSOE cada día que pasa se diferencia menos do PP teña cabida. Na que a xente de EU que está farta de petar contra a barreira electoral teña cabida. E na que a xente defraudada polo BNG teña cabida.

Unha organización de esquerdas e galega, no seu sentido máis plural e aberto, que represente a ese 99% que somos a maioría social que traballa para poder gañarse a vida.


Este convite é aberto a calquera persoa, polo que che agradecemos a difusión e que llo reenvíes a quen consideres que lle poda interesar.

(Só hai unha condición: o ánimo das persoas que asistan debe ser construtivo e xeneroso, para que entre todas podamos conseguir algo fermoso e ilusionante)


RIBADEO, SÁBADO 28 DE ABRIL ÁS 18:00h
ACUDE Á XUNTANZA ABERTA E PARTICIPA!
AS TÚAS IDEAS E A TÚA PARTICIPACIÓN SON O MÁIS IMPORTANTES!
VOLVER A PONTENOVA.ES
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.