jueves, 1 de marzo de 2012

Disciplina, perseveranza, tesón, sacrificio, humildade...

Coñecín a Erea cando ela tiña 8 ou 9 anos, nunha carreira popular que se celebraba en A Pontenova. O que máis me chamou a atención daquela pícara foi o seu estilo fluído e elegante, cousa rara nunha nena tan pequena.
Falei con ela e pregunteille se lle interesaba adestrar comigo. Despois de consultalo cos pais aceptou, e así, desta maneira, comezou a nosa relación deportiva ata o día de hoxe. Foron moitas e moi boas as competicións deportivas que vivimos durante anos, tanto a nivel galego como estatal, e case sempre cos bastantes bos resultados.
Agora reside en Madrid por motivos laborais e segue vinculada ó mundo do atletismo, obtendo grandes resultados a pesares de non ser unha atleta profesional. A nosa relación segue intacta e sempre que vén de vacacións acompáñoa en bicicleta nos seus adestramentos.
E como colofón a esta breve reseña, destacaría de Erea Rodríguez, na súa faceta deportiva, estas grandes virtudes: disciplina, perseveranza, tesón, sacrificio, humildade e un enorme afán de superación por conseguir chegar sempre ó máis alto nivel.
Manuel Valcárcel, «Ventura», fue su primer entrenador en la SD Albións.


Nota añadida:  Este domingo Erea no Cto de España de cross, desde Gijón. 12:40 en directo, Teleporte. Esta vez hay que buscala de blanquiazul, representado a Galicia!! ¡¡¡Moita sorte Erea!!!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.