viernes, 17 de febrero de 2012

FRAN FIALLEGA, A SELECCIÓN GALEGA

FRAN FIALLEGA


O xogador das ED Pontenova foi convocado pola Selección Galega de Fútbol-Sala de categoría Alevín, para a concentración dos días 17, 18 e 19 de Febreiro no Complexo Xuvenil As Mariñas co fin de preparar a súa participación nos Campionatos Nacionais a disputar no Rincón de la Victoria (Málaga) os días 13, 14 e 15 de Abril.

O xogador, nativo de Rececende destaca notablemente no equipo alevín das ED Pontenova polo seu gran despliegue fisico e o seu olfato goleador.

Foi convocado pola Selección Alevín da Mariña Lucense, onde fixo un gran papel, chegando a final do Campionato Galego. Esta actuación foi a que fixo que o seleccionador galego de categoría alevín D. Alfonso Castros, ex-xogador do R.C. Deportivo da Coruña e Cadiz entre outros se fixase nesta perla pontenovesa.

Dende pontenova.es desexamosche sorte nesta nova andaina.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.