viernes, 17 de febrero de 2012

ENTROIDO NO CEIP PLURILINGUE DE A PONTENOVA

Este ano no CEIP PLURILINGÜE DE A PONTENOVA decidimos celebrar o entroido rememorando as diferentes etapas históricas, cun proxecto titulado UN PASEO AO LONGO DA HISTORIA. Os pequenos de infantil iban da prehistoria, o 1º ciclo da idade antiga, o 2º ciclo da idade media, 5º de primaria da idade contemporánea e 6º de moderna.
Pola mañá no Salón de Actos cada ciclo deu a coñecer os aspectos máis importantes desas etapas ao resto dos compañeiros e aos pais que asistiron a velo, o que supuxo un gran traballo de investigación e formación documental para os rapaces, que decoraron cada recuncho do salón adecuado á súa época.
Pola tarde tivemos o desfile no patio, interpretación dun romance propio, a queima dos mecos, comemos unha orella e tomamos un batido.
CEIP PLURILINGÜE DE A PONTENOVA
(As fotos están con moi boa calidade, polo que podedes imprimilas si o desexades clicando un par de veces na imaxe, primeiro unha e despois outra e logo clic no boton dereito do rato e gardar imaxe)
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.