lunes, 23 de enero de 2012

O PARTIDO POPULAR DE A PONTENOVA QUERE POÑER DE MANIFESTO A IMPROVISACIÓN E A FALTA DE PREVISIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL

Nota de prensa enviada por Daniel Veiga López:


"Unha vez máis o Partido Popular de A Pontenova ten que saír na defensa dos intereses dos veciños e das veciñas da Pontenova fronte ás actuacións do goberno municipal, a mairoría delas carentes de sentido e adoptadas cunha total improvisación e sen pensar no futuro. Neste caso, concretamente, trátase da Ponte de Salmeán:



En primeiro lugar, o Partido Popular quere instar ao goberno municipal que adopte medidas urxentes para correxir o estado lamentable en que se atopan as barandillas da citada ponte desde xa fai tempo e do que o goberno local paraece non enterarse sobre todo tendo en conta o perigo que o seu estado actual, tal e como se ve na foto, pode supoñer para os veciños e vehículos que circulen por ela.

En segundo lugar, o goberno municipal quere "mal - gastar" 14 ou 15.000 €, segundo as súas propias palabras, en “arranxar” dita ponte sin incrementar o seu ancho que era o que realmente reclamaban os veciños para que poidera prestar o servizo necesario e que era o que levaba o PP no seu programa electoral. É dicir, vanse gastar 14 ó 15.000 € que son pan para hoxe e fame para mañá e dada a situación económica que vivimos pensamos que non estamos para tirar os cartos. Desde o PP pensamos que cando se fan as obras deben facerse de acordo coas necesidades dos veciños e cunha visión de futuro.


Por outra banda o PP tamén quere recordar a Darío Campos e ao equipo de gobernó que debe cumprir os acordos que se adoptan nos Plenos xa que, por exemplo, os veciños de Vilaouruz aínda están esperando que se lles coloque o espello que a iniciativa do PP se aprobou poñer fai catro meses na pista de Igrexa."
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.