lunes, 23 de enero de 2012

O BNG DA PONTENOVA DENUNCIA O DESMANTELAMENTO DO SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO DO CONCELLO

Nota de prensa enviada por Bloque Nacionalista Galego de A Pontenova:

O BNG da Pontenova vén de mostrar a súa preocupación pola actuación do Goberno Municipal en canto ao servizo de axuda a domicilio. A comezos deste ano, o Concello deixou de contar con varias persoas que ata o dagora estaban a realizar este servizo, o que vai a supoñer un descenso no número de beneficarios ao mesmo tempo que os que o seguen a ter, verán diminuídas as horas dispoñibles.
Segundo a voceira municipal, Mónica Rancaño, nas últimas semanasen conversas con varios afectados por este recorte, sabemos que a reducción de horas asignadas diminui en ata un 80 % nalgúns casos, pero o que nos preocupa especialmente son os novos demandantes deste servizo, xa que será practicamente imposible que poidan optar a esta axuda.
Debido a que o Alcalde segue a impedir o acceso ao rexistro de entrada e saída do Concello, o BNG fará unha solicitude por escrito para acceder a esta información epoder coñecer o importe exacto e os medios que o Concello ten dispoñibles para este servizo.
Desde o BNG tamén se ten previsto levar unha moción ao Pleno do vindeiro xoves, onde se pedirá que se traspasen fondos doutras partidas nas que se pode aforrar, para manter este servizo, quenós parece fundamental vendo a realidade de moitos dos seus usuarios, na maioría dos casos xente maior que vive soa. Nesa moción tamén se pedirá ao Pleno o rexeitamento da decisión da Xunta de Galicia de diminuir as aportacións aos Concellos en materia de servizos sociais púbicos.
Rancaño tamén quixo apuntar queentendemos que neste recorte é culpable en gran medida a Xunta de Galicia gobernada polo PP, nun novo ataque aos servizos públicos, pero o Concello ten unha responsabilidade para con as súas veciñas e veciños, e preguntarémoslle ao equipo de Darío Campos se ten previsto activar algún sistema de financiamento alternativo para suplir ese recorte, como o están a facer outros Concellos, ou simplemente se vai a limitar a estar de brazos cruzados como nós ten acostumados
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.