sábado, 12 de noviembre de 2011

Los socialistas dieron anoche un mitin en A Pontenova, con la presencia de Ricardo Varela, Gómez Besteiro y Darío Campos.

Carlos Florentino Fotocela

O PSOE pon á Pontenova como un exemplo do seu investimento na provincia


12/11/2011 - El Progreso (A Mariña)
O presidente da Deputación, o socialista José Ramón Gómez Besteiro, participou onte nun mitin na Pontenova co candidato ao Senado do seu partido, Ricardo Varela, presentados ambos polo alcalde, Darío Campos. Besteiro puxo ao municipio como exemplo do investimento do PSOE na provincial, xa que recordou exemplos como «o encauzamento do río, o acondicionamento da estrada nacional e as obras feitas a cargo do plan E».
O responsable provincial asegurou que «ninguén se ocupou da Pontenova nos últimos trinta anos. Aquí viuse como os veciños, cos socialistas, gañaron en dereitos. A colaboración entre a Administración do Estado, a Deputación e o Concello fixo posible unha nova Pontenova».
En canto a Ricardo Varela, chamou ao público asistente ao mitin a acudir masivamente ás urnas porque indicou que nestes comicios o voto útil, baixo o seu punto de vista, «será aquel que nos permita continuar coas grandes obras comezadas na provincia de Lugo, todas esas grandes infraestruturas e proxectos que teñen selo e firma socialista».

Hospital
A executiva provincial do PSOE comarcal considera «moi grave» que as citoloxías a pacientes do Hospital da Costa que normalmente se resolven en 7 ou 10 días tarden agora «varios meses», que alertan de que poden supor un atraso vital á hora de recibir tratamento ou executar unha operación cirúrxica.
Os socialistas reclaman que as veciñas realizan revisións rutineiras ou preventivas reciban as comunicacións no prazo máis breve de tempo posible porque din que se pasa o tempo entenden que están ben e logo o dano psíquico é moito maior.
A responsable de igualdade Beatriz Monroy, engadiu que moitas mulleres realizan xa en clínicas privadas revisións periódicas.
Mitins
A agrupación socialista de Foz porá un bus gratuíto para acudir ao mitin que Felipe González dará o día 15 en Lugo. O autobús sairá ás 18.30 horas de diante de Facenda.
Os socialistas teñen un mitin hoxe ás 14.00 horas en Lourenzá coa asistencia da laurentina Rocío López, o secretario xeral do PSdeG Manuel Vázquez e o candidato ao Senado Ricardo Varela.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.