sábado, 30 de abril de 2011

O alcalde pontenovés destaca o nivel da tradicional festa da troita e anima a coñecer recunchos do seu concello.

A Festa da Troita de A Pontenova de este ano é para o alcalde pontenovés, Darío Campos (PSOE, especial. O evento convértese no gran escaparate de A Pontenova, pola cantidade de xente que atrae, que nesta ocasión poderá ver rematadas dúas das principais actuacións executadas na vila, que mudaron a súa imaxe: a reforma da Praza dos Fornos e o encauzamento do río. Pero por enriba de elo, Darío Campos salienta a entidade da Festa da Troita: ?Está declarada de interese turístico, xa se leva facendo 22 anos e foi das primeiras gastronómicas do seu tipo que houbo en Galicia. Penso que cada ano vai a máis. O problema quizais sexa que as capturas de troitas van a menos?
Ver entrevista
 La Voz de Galicia

-Este ano, ademais, estreando a praza e o encauzamento do río.
-Certo. Sobre a praza a xente que ven de fora felicítanos por como quedou. Co encauzamento falta entregar a obra, pero penso que se pode falar de un antes e de un despois da Pontenova. O paseo ao pé do río e a zona verde quedaron moi ben. Son dúas actuacións que lle fixeron un lavado de cara á vila. Penso que hai poucos concellos que podan presumir de ter una praza como a dos Fornos.
-A Festa da Troita é razón abondo para visitar A Pontenova. Pero, ¿qué mais se pode visitar?
-Hai moito que ver. Está o museo de arte sacro de Conforto; a Ferrería de Bogo pódese ver por fora; fixemos un área recreativa no Fondón, a carón do río, que cambiou aquela zona; a ruta das Reigadas é das máis bonitas da provincia; tamén se pode facer a do tren mineiro ata San Tirso, e a ver se sae para adiante este ano que se faga o resto do tramo ata Ribadeo...
-E comer.
-Por suposto. Aí están os restaurantes de A Pontenova, que teñen fama merecida, pola comida tradicional e algún que xa se está metendo no mundo da nova cociña, da cociña moderna de vangarda. E as troitas, que son o principal reclamo da festa. A xente que veña aquí, sen dúbida, non quedará defraudada. Pódollo asegurar.
darío campos alcalde de a pontenova

VOLVER A PONTENOVA.ES
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.