O atraco a un céntrico bar pontenovés, ocorrido na madrugada de
onte, demostra que a onda de roubos que afectou o momento
principalmente a Ribadeo esténdese tamén ao interior mariñán.
Os ladróns forzaron a porta do Bar Esquina, romperon varios
cristais para acceder ao local e levaron o que contiña a máquina
comecartos, sen ocasionar máis desfeitas, polo que a xerente do
establecemento considera que «sabían ben o que facían porque foron
directamente á máquina, non miraron nin revolveron nada»máis .
A dona do bar, que vive xusto encima do local, quedou asombrada
polo sixilo dos cacos, xa que non escoitou «nada en absoluto, a pesar
de que romperon cristais». Tamén lle chama a atención a ausencia de
testemuñas e iso que o suceso tivo lugar «en pleno centro da Pontenova, á
beira do consistorio», aínda que ocorreu «entre as dúas e as cinco da
madrugada», xa que os propietarios abren o establecemento ás seis da
mañá, momento en que se atoparon coas desfeitas que aínda non puideran
cuantificar ao peche desta edición.
A dona do establecemento está convencida de que o roubo foi
perpetrado «por unha banda, que anda de ruta pola zona» e admite que
pouco se pode facer para evitalo, porque non se vai a pór un vixiante
por local», aínda que o único que espera é non ter que atoparllos «en
persoa polo que poida pasar».
Éste é o segundo atraco que sofre o local, tras un primeiro que
tivo lugar «hai xa moitos anos», como sinalou a actual propietaria.
MÁS CASOS
A patronal de comerciantes e industriais da zona, que preside
Catalina Lombardero, confirmou onte que o ano pasado, os ladróns
roubaron en varios negocios do municipio e incluso nalgunhas igrexas,
como na capela de Saldoira e no santuario de San Pedro Fiz, hai case
dous meses en ambos os casos, onde fundamentalmente subtraeron o diñeiro
de colectas e doazóns.
A onda de roubos remóntase a finais do pasado verán, cando os
atracadores levaron varias pertenzas dunha tenda do centro urbano
pontenovés, así como material dunha nave de ferros do polígono
industrial.
VOLVER A PONTENOVA.ES