Finalizou a temporada de caza deste ano de xabaril na Pontenova
resultando gañadora a cuadrilla de villaboa con un total de 29 xabariles
abatidos por diante da de Rececende con 20 e da do Enredo con 12.
O último día fixemos unha pequena cena e tiramos unhos foguetiños pa celebrar a victoria e entregar unhas medallas ós catro cazadores máis destacados da cuadrilla de este ano que son os que aparecen na foto e os cales son:
Pepe do Eo como "o mellor perrero da temporada" polos seus xabariles controlados en Teixido.
Rosende (O patrón)como "o máis rancio da temporada" polo moito e ben que nos berra cando anda o xabaril a correr polo monte pra que o matemos, pero dende que ta morto xa é outro home moito mellor de aguantar.
Toño do Couso como "o mellor picarrastros da temporada" polo gran labor que fai todo o fin de semana no monte buscando rastros e controlando xabariles xa que coma él non hai outro e é o noso gran maestro e ademáis o mellor jefe de cuadrilla que podemos ter.
E por último Diego das Barreiriñas como "a revelación da temporada" polos xabariles que controlou co seu cadelo novo que aínda que sean os dous principiantes fixeron unha gran temporada e teñen un gran futuro na caza ainda que ten que mellorar algo con esa paralela.
Esto é todo por este ano, un saudo a todos os da cuadrilla e ata o ano que ven que temos que revalidar o título.

Fuente: CATOA.