lunes, 24 de enero de 2011

SPORTING PONTENOVA 2010/2011



SEGUNDA CATEGORÍA REXIONAL



O Sporting Pontenova, conseguiu traer os tres puntos do seu desplazamento o dificil campo Suso Cruz de Guitiriz.
Nunha tarde, fría, moi fría, o equipo de Dani Moirón soubo adiantarse no marcador, e conseguiu mantela ata o final do encontro. O Guitiriz, cuarto clasificado, non demostrou ser mellor co Sporting Pontenova, non se viu reflexada a diferencia na táboa clasificatoria durante o partido.
O gol conseguiuno Maqueto, de penalty, logo dunha clara man no área local. Por parte do equipo guardinegro formaron: Xoel, Marcos Conde, Lolo, Manu, Villy, Jorge, Maqueto, Leivas, Juanfri, Puente e Javín. Tamén xogaron durante o encontro os xuvenís Diego, Miguel Camiño e Catalin, que tiveron unha moi boa actuación.
Na vindeira xornada, o Sporting Pontenova recibirá o Meira, no que será o derbi da xornada. O Meira aventaxa en 6 puntos o equipo da Mina.

PRIMEIRA CATEGORÍA AUTONÓMICA XUVENIL



Por outra banda o equipo xuvenil, perdeu no Municipal de Viveiro, contra o Viveiro "B" por 2-1. Cátalin anotou o tanto visitante.
O equipo non mostrou unha boa actitude durante o partido, e a raíz diso, non foi capaz de puntuar nunha saída a priori asequible para o equipo de Dani Moirón.
Por parte do Pontenova formaron: Marco, Diego, Luis, Anxo, Óscar, Ivan, Camiño, Arango, Valín, Javi e Catalin. Tamén xogou Pablín.
Na próxima xornada o equipo gualdinegro volve xogar como visitante, no comezo da segunda volta, desprázase o Campo da Marosa, en Burela.


Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.