jueves, 16 de diciembre de 2010

Jorge Garcia en Onda Cero referente a la Nacional 640



O Partido Popular de A Pontenova súmase ás queixas sobre o estado da N 640 .
O PP de A Pontenova súmase nesta ocasión ás queixas manifestadas por diversas asociacións e veciños polo lamentable estado da N 640. Xa durante o pasado inverno todos tivemos que sufrir o mal estado desta estrada nacional e neste inverno voltaremos a estar cos problemas dos socabóns no firme coas conseguintes averías para os vehículos e, o que é peor, co perigo que iso supón para a seguridade dos conductores/as. Polo que o PP de A Pontenova non só lle reclama ao Ministerio de Fomento que tome cartas neste asunto dunha forma urxente nesta estrada que se atopa nun estado tercermundista, sino que tamén insta ao goberno socialista municipal a que tamén deixe de vender fume, como fixo o Sr. Alcalde ao dicirnos no Pregón das Festas Patronais que xa estaba licitada a obra, é máis, si lle fixéramos caso ás numerosas declaracións do Alcalde esta obra xa fai tempo que tiña que estar rematada. Ademais, é vergoñoso cun Alcalde e un equipo de goberno non se inmuten ante estes feitos e miren para outro lado como si con eles non fora o tema, desde o PP pensamos que o equipo de goberno tense que dedicar a “presionar” aos responsables do Ministerio de Fomento, co Ministro, que presume de ser de Lugo, á cabeza, para arranxar dunha vez esta estrada. Qué vergoña!, agora iso si, despois ben que lles gusta aparecer nas fotos, pois desde o PP dicímoslle ao equipo de goberno que menos fotos, menos fume e máis feitos.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.