sábado, 20 de noviembre de 2010

Unha merecida homenaxe....


Onte Carlos publicou unha foto dunha muller en Vilaxe que lle facilitou "casiña". Hoxe atopamos no facebook unha de María Fernandez que é a nai de Bernardeta Taylor moi similar e que se merece estar nesta sección de Lecer co permiso de Carlos.
Bernardeta e americana, vive en Texas, pero foi de Xudan, aquí foi a escola. É o mais claro exemplo de toda esa xente pontenovesa que esta fóra e ama os seus orixenes. Por iso visitan pontenova.es, para ter novas do seu pobo. Dende hai uns meses pontenova.es nunca baixa do millar de visitas diarias, esta claro que entra a xente que esta fora de aquí, e de que son milleiros os pontenoveses que estan espallados polo mundo.
Todo este exito se debe os colaboradores da web, sobretodo de Chass, que realiza un traballo impagable para todos nós, pero todos son importantes, e a que nunca sae na paxina e Bernardeta, unha rapaza que casi ninguen coñece e que fai unha labor incomensurable. É a responsable do facebook de pontenova.es que conta con mais de 1500 amigos e con mais de 600 persoas suscritas a rede.
Moitas gracias Bernardeta por ese traballo que no teu caso resulta mais complicado por facelo dende o outro lado do charco.
Animadevos a visitar o facebook de pontenova.es, Bernardeta esta encantada de que vos pasedes "pola sua casa".

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.