viernes, 8 de octubre de 2010

LECER NA PONTENOVA

Temos que recoñecer aínda que nos custe, que pecamos de impacientes (ou pouco pacientes co traballo dos demais) cando toca sufrir os inconvenientes das obras para que logo convértanse nunha melloría. É certo que o noso emblemático "Pozo da Ola", actualmente está pasando por un estado lamentable pero non é menos certo que as reformas que se están facendo creando esa "cascadiña" levan camiño de quedar a un gran nivel estético, (permítaseme falar baixo un prisma fotográfico xa que tecnicamente non estou cualificado para opinar) o cal embelecerá aínda mais o fermoso entorno do "Pozo da Ola", aparte de facilitar a creación dunha piscina natural con gran encanto e comodidade. Claro, por pedir que non quede e como o "NON" xa o temos, avoguemos polo "SI" e que os "dirixentes da cadeira de brazos do despacho" permitan dunha vez despexar as canles do río Eo como tuberon dirante séculos e non pasou nada o cal permitiría que o sol chegase ata a auga (non e broma, hai tramos de río que non ven o Sol en todo o ano) e así chegase algo mais quente a auga o "Pozo" á vez que seguramente as troitas agradeceríano e volvería a pesca ao río Eo e os pescadores a Pontenova como fai anos que no
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.