jueves, 12 de agosto de 2010

SPORTING PONTENOVA 2010/2011




Segunda Rexional

Sporting Pontenova, comezou co dura traballo de pretemporada o día 31 de Xullo. Cun equipo moi renovado, no que destacan como caras novas o fichaxe de Lolo (Riotorto C.F.), Jorge Moirón (C.D. Lugo), Alberto Pérez (Meira C.F), Xoel e Hugo Leivas (Sporting Pontenova Xuvenil) e Gene, co claro obxectivo de consolidarse na categoría. Por outra banda, o técnico do equipo da Mina lamentase polas importantes baixas desta tempada: Cholas, Luismi Rivas, Iván e Noé (motivos persoais) e Garboso (S.D. Muimenta), pero espera que non fagan mella no equipo e realizar unha gran temporada.

O próximo domingo, comezará cun carrusel de partidos amistosos, que neste caso se desplaza a Goiriz para xogar contra o equipo local, as 18:30h, no que Moirón xa poderá contar con todo plantel, excepto Maqueto que se encontra en período vacacional.

Xuvenís

O equipo xuvenil, que ao contrario que os dous anos anteriores, comeza unha nova etapa, con novos obxetivos, no que renovou todo seu plantel, con rapaces na súa maioría de primeiro ano, espera realizar unha boa campaña de transición, con intención de poder aportar xogadores o equipo de segunda rexional.

A primeira proba para o equipo xuvenil de Dani Moirón, que se presenta coas altas de Luisin (Ribadeo C.f.), Miguel Camiño (Meira C.f.), Miguel (Racing Villalbés), Paolo y Marco (procedentes do fútbol paraguayo), Iván (Superti F.S.), Diego Falcon, Valin e Catalin que a pesar de adestrar co equipo a pasada tempada no contaron con ficha o superarse o número de cadetes. Este último, Catalin perderase o estreno por motivos persoais. Posiblemente poida o equipo contar con duas altas máis que prepbables para a presente campaña, que son José Villar e Pablo Veiga. Estos serán os compoñentes do grupo xuvnil para a presente tempada, xunto cos xa conocidos Noel, Picota, Oscar Miranda, Anxo, Arango, Diego, Javi y Andrés Seoane

Os da Mina presentaránse diante da súa afición o vindeiro sábado día 14 as 18,30 contra a U.D. Pastoricense.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.