jueves, 12 de agosto de 2010

Partido Popular de A Pontenova está preocupado polos casi 57.000 € que ten que devolver o Concello de A Pontenova.


O PP pregúntase como fará o goberno local socialista para devolver os 56.607 € que o Concello de A Pontenova ten que facer  como consecuencia da falta de previsión do Goberno Central. Así mesmo, pregúntase que partidas ten pensado recortar e como redundará esta devolución na perda de servizos para os veciños e veciñas.
Por isto, o PP de A Pontenova non pensa permitir un recorte de servizos aos veciños e veciñas, que obviamente non temos a culpa da mala xestión económica do goberno central, e proporá ao goberno local que solicite un aprazamento do pago desta débeda en varias anualidades.
É importante recordar que esta débeda que ten agora o Concello de A Pontenova é consecuencia da caída dos ingresos pola crise económica, e que provocou que as entregas a conta superen as cantidades ás que se tiña dereito, obviamente como consecuencia da improvisación e da mala xestión económica do Goberno Central.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.