jueves, 26 de agosto de 2010

Os nacionalistas pontenoveses piden que a casa da cultura abra durante o verán


A agrupación pontenovesa do Bloque Nacionalista Galego (BNG) vén de denunciar o peche da casa da cultura local durante o periodo estival e reclama a súa inmediata reapertura. O portavoz dos nacionalsitas pontenoveses, Jorge Gómez, solicita ó goberno municipal do socialista Darío Campos que busque «a maneira de manter estas instalacións abertas durante o verán para que os veciños e os visitantes poidan desfrutar dos seus servizos». O BNG local reclama que o Concello lle dea a este espazo un uso máis amplo, polo que demandan unha «maior oferta cultural especialmente para os mozos, que durante o verán apenas poden contar con actividades lúdicas en A Pontenova». FE IRA. Está previsto que a parte baixa da casa da cultura albergue durante esta fin de semana a vintena de artesáns que van acodir á cuarta feira da artesanía e antigüidades.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.