jueves, 26 de agosto de 2010

Monica Rancaño Freire alcaldable do bng na Pontenova

«O goberno actual só se fixa no casco urbano,pero desatende o medio rural e a xente maior»
Os nacionalistas buscan recuperar polo menos os dous concelleiros que perderon nos anteriores comicios municipais e postúlanse como a única opción posible fronte á «apatía que amosan PP e PSOE».
POR: isabel garcía FOTOS: i.g.
O bloque Nacionalista Galego (BNG) perdeu nas anteriores eleccións municipais dous concelleiros, Xosé Luis Gutiérrez Rivas e Luis Ramallal Rego; os seus votos moi probablemente foron parar á opción socialista, encabezada polo actual alcalde, o veterinario Darío Campos, que goberna dende entón con maioría absoluta. Aínda que o Bloque pontenovés non ten aínda definida a súa lista definitiva para os vindeiros comicios, xa presentou a súa alcaldable, Mónica Rancaño Freire, de 30 anos e veciña do barrio pontenovés de Vilaimil, á que acompañará un comerciante da Pontenova, Jorge Gómez, portavoz do grupo.
Que fará o BNG se gaña as eleccións na Pontenova? Dar resposta a unhas vellas demandas que nin o PP, nin o PSOE actual souberon resolver, coma a deixadez respecto do medio rural, cando precisamente o sector primario é do que máis xente vive na Pontenova. Hai que resolver o despoboamento, que se produce porque a xente non ten alternativas para quedarse. Ata o momento ningúen promulgou ningunha normativa para solucionar por exemplo o problema de moitos gandeiros e agricultores locais que se ven coaccionados por plantacións forestais ilegais. A xente que vive nas aldeas ten que utilizar tamén infraestructuras moi deterioradas. Pero é que tamén quedan sen resolver moitas das necesidades da xente maior. Que é o que solicita a xente maior da Pontenova? Piden un centro de día, porque as vivendas tuteladas que hai non funcionan de xeito regular e piden tamén que se constrúa canto antes unha residencia, pero o Concello non lle ten respondido a esta necesidade a unha grande parte dos habitantes, cando A Pontenova ten unha poboación bastante avellentada. Como lles darían vostedes resposta a estas solicitudes coa actual situación de crise económica xeral? Xestionando dun xeito eficaz os escasos fondos que hai e buscando alternativas, xa que por exemplo, hai recursos europeos, no GDR3, que A Pontenova non solicitou aínda. Tampouco parece eficaz ter destinado tódolos cartos que ofreceu o Plan E á localidade e que ascendían a 480.000 euros a restaurar a Praza dos Fornos, cando o espazo estaba nun estado máis «O goberno actual só se fixa no casco urbano,pero desatende o medio rural e a xente maior» mónicA ra ncañ o freir e alcaldable do bng na po ntenova ▶ Os nacionalistas buscan recuperar polo menos os dous concelleiros que perderon nos anteriores comicios municipais e postúlanse como a única opción posible fronte á «apatía que amosan PP e PSOE». Proposta A actividade agrogandeira está sendo coaccionada por plantacións forestais ilegais e hai que evitalo» ou menos aceptable, en lugar de ter invertido algo no entorno rural, porque parece que os grandes investimentos van parar sempre ó centro urbano da localidade. Que pensa que pasaría se volvera gañar o Partido Popular na Pontenova? Que este partido seguiría ca liña que había na lexislatura de 2003 de apatía e desleixo político, ademais o feito de que goberne tamén o PP na Administración galega pode ser un hándicap porque ó mellor dase certo conformismo. Tampouco cremos que vaian a favorecer ós novos emprendedores, é dicir, voltaríamos a unha etapa de pasotismo político. E que opina dos seus competidores socialistas? Pois que primeiramente A Pontenova está operando cun goberno en maioría absoluta, o que non é bo de ningún xeito porque non hai lugar ó diálogo, aínda que penso que será complicado que a situación se repita, porque o pobo depositou moitas expectativas neste goberno socialista que non se cumpriron. O PSOE pontenovés non ten un proxecto para gobernar e limítase a xestionar servizos municipais, sen ningún tipo de planificación nin alternativa que dea solución aos problemas reais da poboación. Tamén está sendo pasivo e o demostra co tema do plan xeral do urbanismo. Que saben respecto da aprobación do PXOM pontenovés? Pois non sabemos cando se aprobará sequera inicialmente, cremos que ata 2012 non terá a localidade este instrumento necesario, co que estaremos ata entón nun limbo legal, sen núcleos de poboamento definidos e sen poder emitir licencias para construir en núcleos exteriores ó casco urbán. Que máis persoas conformarán a lista do BNG? Estamos perfilándoa, pero será xente da zona de distinta idade.
VOLVER A PONTENOVA.ES
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.