martes, 20 de julio de 2010

LECER NA PONTENOVA


Neste caso eu non debo de opinar xa que non podería ser ecuánime na miña apreciación pois todo o que sexan fotos antigas e máxime do meu pobo para min e como a manteca as tostadas no desauno, ou sexa "gloria". Ben pois hoxe escomenzamos a publicar  unha longa serie de fotos que, si todos os amigos que me facilitan as mesmas teñen para min todos os plácemenes, éstas por chegaren a miñas mans por mediacion dunha fermosísima rapaza a quen fai uns poucos anos inda lle fixen a primeira comunión teñen un valor añadido por dous motivos, un e que se acordara de min o cal lle agardezco muitisimo (espero poder recoñocerllo un día e si e cando se case mellor)) i outro que María (así se chama a neta de Ramón de veiguiña que e quen lle facilitou o material para acopiar) me demostrara que a xente nova tamén ama a historia do noso pobo asi que, María no meu nome e no de todo o contexto que forma Pontenova.es, muitísimas grazas.Esta primeira foto datada o 8 de Xuño do ano 1954 (inda non nacera eu) vemos que ta feita diante da "casa da Pita" e curiosamente o autocar da empresa "la Directa" matrícula LU-2325 (sin letra) e un "Krupp" que me fai lembrar o que tantas veces oín de pequeno referindose a algunha mercancía ou xente "ven de Lugo no Krupp de Gervasio".                              
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.