domingo, 30 de mayo de 2010

Varios alcaldes e edís mariñáns deberán baixar os seus soldos un 7%

A Pontenova . Darío Campos (PSOE) percibe por unha dedicación parcial 2.400 euros netos (7% de descenso) e o edil Francisco Martínez 1.500 euros netos (5%). Campos recordou que levan dous anos cos salarios conxelados, polo que quizais non teñan que baixalos.
Aos alcaldes e edís mariñáns que cobran por unha dedicación, parcial ou exclusiva, á súa concello, tamén lles chega o tempo de apertarse o cinto. Será así se acatan a recomendación da Federación Española de Municipios e Provincias. Ben é certo que a uns en maior medida que a outros, dependendo dos emolumentos que perciben. O caso é que varios rexedores e algún concelleiro veranse obrigados a aplicar unha redución salarial do 7%, a prevista para os soldos que se sitúan entre 41.055 e 54.615 euros brutos anuais.
Ademais, algúns concellos decidiron tomar outras medidas de aforro, consistentes en rebaixar e ata suprimir o que cobran os edís por asistir a plenos e comisións.
Segundo os datos facilitados polos alcaldes, esta é a situación de cada concello mariñán. A Pontenova . Darío Campos (PSOE) percibe por unha dedicación parcial 2.400 euros netos (7% de descenso) e o edil Francisco Martínez 1.500 euros netos (5%). Campos recordou que levan dous anos cos salarios conxelados, polo que quizais non teñan que baixalos. Trabada . O alcalde, Yanes Ginzo (PP), percibe 1.615 euros netos pola súa dedicación parcial. O resto de edís cobran 60 euros por asistir a cada pleno, comisión informativa ou de goberno. Como son poucas sesións, en principio non se expoñen reducilas. Ginzo cobra outra media dedicación da Deputación. Barreiros . Alfonso Fuente ten un soldo de 2.500 euros netos ao mes (7%) e Lorenzo Penabad de 1.200. Desde hai dous anos aos salarios non se lles aplica o incremento do IPC. «Por iso non sei se teremos que baixar vos soldos, pero se é así a miña proposta será que se dediquen eses cartos á familia ou familias con menos recursos do Concello», dixo Fuente . Por asistencia a cada pleno ou comisión, os concelleiros perciben 100 euros. Non se baixará esta cantidade. Ribadeo. Só está liberado o alcalde, Fernando Suárez, que percibe 2.050 euros netos ao mes (baixada do 7%). A proposta do BNG, a corporación acordou no último pleno renunciar ao cobro de dietas por asistencia a plenos (60 euros), xuntas de goberno e comisións informativas (40 euros). O Concello orzou por este concepto 21.000 euros anuais, que se aforrará. Tampouco se cobrarán as asignacións a grupos políticos (8.500 euros). Foz. O alcalde, García Rivera (PSOE), ten conxelado o salario desde o pasado ano -percibe 2.240 euros netos ao mes-, polo que ignora se deberá baixalo un 7%. Rivera non prevé baixar as cotas por asistencia a plenos e comisións, nin as asignacións a partidos e recorda que Foz aplica desde hai anos un plan de estabilidade para reducir a débeda. «Agora vannos a tragar igual que a outros concellos que gastaron ou que non tingan. Eu rebélome contra iso», sinala. Mondoñedo. Modesto Díaz (PSOE) e Xusto Fernández (BNG), perciben sobre 1.500 euros netos ao mes polas súas dedicacións totais (un descenso do 5 ou o 6%). Por cada asistencia a plenos o resto da corporación cobran 60 euros de dieta e 42 por comisións. As asignacións a partidos políticas, aínda que estipuladas, non se cobran. Cervo. Alfonso Villares (PP) percibe 2.200 euros netos ao mes (7%), Pilar Armada 900 e hai tres dedicacións parciais: Yolanda Pedreira, Chelo Galego e Rubén Fernández (400 euros netos ao mes cada un). Villares vai propor reducir ao 50% a dieta por asistir a cada pleno (100 euros) que cobra o resto da corporación, así como as asignacións a partidos políticos, estipuladas por número de concelleiros: PP 1.200 euros, PSOE 900 e BNG 450. Burela : O alcalde, Alfredo Llano , cobra 45.000 euros brutos ao ano e a edil Neves Cando 42.000. En ambos os casos as baixadas serán do 7%. A edil Lucía Bouza percibe 10.000 euros brutos anuais. As dietas por comisións, xunta de goberno e plenos son de 30, 100 e 60 euros respectivamente. Llano di que probablemente se baixarán. Viveiro : O soldo neto de Melchor Roel (PSOE) non chega aos 1.500 euros ao mes (5%) e o da tenente de alcalde, María Loureiro, rolda os mil euros. Os oito edís do PSOE renunciaron ao que perciben por plenos e comisións, uns 2.000 euros ao ano. O Vicedo : Jesús Novo (PP), por unha dedicación parcial, cobra 1.590 euros netos (5 ou 6%). A tenente de alcalde, Pilar Otero , percibe 580 netos. Novo insiste en que o aconsellable sería que os alcaldes tivesen un soldo estipulado por lei. Xove : Demetrio Salgueiro (PP) ten un salario neto de 2.800 euros ao mes e Dolores Meitín de ao redor de 1.300 euros netos. Ademais, Ana Abad cobra 700 euros netos pola súa dedicación parcial. Por asistencia a plenos o resto de edís reciben 90 euros e 70 máis por cada comisión.
VOLVER A PONTENOVA.ES
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.