martes, 18 de mayo de 2010

Os nacionalistas de A Pontenova elixiron a Jorge Gómez como responsable local

 A agrupación pontenovesa do Bloque Nacionalista Galego elixiu por unanimidade a Jorge Gómez Rico como novo responsable local, tras unha asamblea celebrada o pasado mes de abril, na que acordaron valorar as necesidades do municipio, establecer canles fluídos de comunicación e de participación cos veciños, así como elaborar propostas “efectivas” que presentarlles.      Os nacionalistas pontenoveses describen o seu novo responsable local como “un militante histórico e un bo coñecedor do tecido económico e social da localidade pola súa actividade profesional”
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.