martes, 18 de mayo de 2010

O Superti suspende o torneo do seu décimo aniversario polo elevado custo da arbitraxe


O Superti-A Pontenova viuse obrigado a suspender o torneo previsto para este fin de semana, co que pretendía conmemorar o seu décimo aniversario e recadar fondos para a oenegué Cirurxiáns do Mundo, como consecuencia do elevado custo da arbitraxe, segundo explicou o seu presidente, Manolo Piñeiro.
«Hai dúas semanas recibimos unha chamada do Colexio Galego de Árbitros na que se nos advertía de que para organizar un campionato con clubs de Primeira A e Primeira B debiamos de ter unha autorización federativa, que leva implícito un importante gasto arbitral. O orzamento que nos presentaron desde o colexio de árbitros foi de 5.000 euros, unha cantidade que nos parece abusiva dado o carácter benéfico do campionato e á que non podemos facer fronte», explicou Piñeiro. «Tamén nos advertiron de que se non dispuñamos da autorización darían parte ao comité e os clubs serían sancionados», engadiu.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.