Alegaciones procesales y sustantivas en el expediente administrativo identificado como “ Proyecto y estudio de impacto ambiental de la solicitud de rehabilitación del derecho concesional , autorización y declaración de utiloidad pública del aprovechamiento hidroeléctrico a derivar del Río EO en el municipio de Ribeira de Piquin ( lugo)
DOCUMENTACIÓN PRESENTADA A CONFEDERACIÓN HIDROGRAFICA DO CANTABRICO PARA POÑER FIN A BARBARIDADE QUE QUEREN FACER NA RIBEIRA DE PIQUIN O QUERER CONSTRUIR UNHA MINICENTRAL ELECTRICA. eSPERAMOS QUE DITA ALEGACION PRESENTADA NOS AXUDE A DETER DITO IMPACTO AMBIENTAL QUE SUFRIRIAMOS NO RIO EO. UN CORDIAL SALUDO: ALBERTO CARBALLAL JARTIN(presidente sociedad deportiva rodeo)
A campaña que varias asociacións emprenderon hai
varias semanas contra o proxecto de construción dunha central eléctrica
no Eo ao seu paso por Ribeira de Piquín empeza xa a ofrecer pasos
concretos. A sociedade de pescadores Rodeo, con sede nese municipio
aínda que con integrantes en varios, e o Centro de Iniciativas
Turísticas (CIT) da Pontenova recolleron unhas mil firmas de apoio, que
onte se mandaron á Confederación Hidrográfica do Cantábrico coas
alegacións redactadas contra o proxecto, sometido nestes momentos a
estudo de impacto ambiental.
O presidente de Rodeo, Alberto Carballal, destacou
ademais que as firmas se lograron en diversos concellos. Non é a última
medida de protesta, posto que mañá -antiga escola, seis da tarde-
celébrase unha asemblea informativa na que se exporán aos asistentes
diversas cuestións relacionadas coa construción da central e as súas
posibles consecuencias.
Petición de caducidade
Doutra banda, a Asociación para a defensa ecolóxica
de Galicia (Adega) presentou alegacións nas que reclama a caducidade da
concesión para esa central. Segundo recollía onte Efe, a asociación
subliña que o proxecto está situado nunha zona que é Reserva da Biosfera
e entra na Red Natura.