lunes, 31 de mayo de 2010

LECER NA PONTENOVA

Los chicos del EO

LILO do Vilar das Pedras deixou este comentario nesta entrada que ben merece estar na paxina principal. Moitas gracias.
Como non vamos lembrar OS CHICOS DO EO. Eu tería sete anos, cando nas romarias do Carme de Coba, da Virxe de Conforto, de San Pedro Fiz e outras festas parroquiais, istos músicos, con moita afición ó arte e ritmo natural, executaban pentagramas de pasodobles, merengues e chá, chá, chás, convirtindo a festa nunha troula que facía esquecer os pesares cotidiáns.
Xa se ve a alegancia na pose da foto.Agachado, Maximino de Xinzo de Vilauruz, voliceiro, sempre cun sorriso nos beizos que o mesmo entoaba María Manoela que o pasodoble Te Quiero.Enfronte, a dereita o máis xigante percusionista das Terras de Miranda, Guillermo de Bras do Santo Estebo, no asento e remangado, espallaba golpes ao bombo, caixa e platillos que, o mesmo, parecía a liorta do Vietnan.No centro,Ramoncín do Dereito do Acebro, fino como un allo, sempre pegado aquil acordeón roxo como unha cereixa,verquendo laios melódicos ao mar da noite. A esquerda, penso que é Demetrio do Portugués do Acebro, o rei do vento,coa forza do seu peito iba encadeando acordes soaves saidos do encabritado sasofón.No eido do son estaba Enrique de Tianxala de Santo Estebo, home polifacético, pois o mesmo lle daba ao oficio de barbeiro que ao propio mundo da música, sin esquecer que os domingos de feira na Pontenova, exercía de porteiro no salón de Gasolín.A su ferramenta do son, eran catro altavoces como embudes, catro cables, dous ou tres micrófonos e para de contar;guindaba os altavoces nos árbores ou paos da luz que houbera no campo da festa, amplificaba o son, non sei de que maneira e veña leña.
Non poido deixar sin reseñar que, o amigo Enrique, tiña unha moto guzi das grandes, da que penduraban duas carteiras de coiro sobre a roda traseira, era un Xorxe Lorenzo daquela, que baixaba e subía pola recen feita estrada da Pontenova a Santo Estebo, grandandoa ao traveso que o mesmo parecia o diaño dacabalo dun foguete, nós, os nenos do Vilar das Pedras, fuxiamos da estrada como lóstregos, pero o piloto amabel, ainda lle quedaba tempo para soltar unha man do manillar e decirnos adeus.
Tampouco esquezamos o transportista dos músicos, Manolo do Chino e supoño algunhas veces, o sogro diste, Manuel Veiga, instrumentos na baca e artistas dentro daquil coche con fuciño, carrozado en latón e madeira e pintado de cor marrón escuro cun letreiro de quita e pon que publicitaba "Los Chicos del Eo".
A historia do Concello da Pontenova, fixerona istas persoas e outras de distintos niveis culturais e económicos, deixando as pegadas para os futuros tempos, feitos que endexamáis debemos esquecer e si temos a oportunidade a obliga é recuperar en vida dos protagonistas.
Os Chicos do Eo, tiñan inquietude e, o mesmo tempo, eran botados para diante, xa non pensando na rendabilidade económica que lles aportaba a música, máis ben, vendo a suas gañas de sementar ledicia polos campos das festas.
Propoño que os compoñentes do Conxunto Musical. pois hai a sorte que a maioría diles vive, os xuntemos e se lles faga un recoñecemento como artistas do pobo da Pontenova ,xunto cos caolaboradores, co gallo de que poidan darse unhas apertas e para a nosa sorte, a bo seguro, poder ouvir algunhas das suas vivenzas ao longo da sua traxectoria como músicos.
Para elo, simplemente, cando haxa unha xuntanza cultural na Pontenova, poder citalos e reunilos na mesma, para iso, non teño inconvinte en ofrecerme para xestionar os contactos con cada ún diles. 
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.