miércoles, 3 de marzo de 2010

REMATADA A ÁREA RECREATIVA DE “FONDÓN” EN A PONTENOVA


Proxectada pola veciña de Vilaeimil, Mónica Rancaño Freire, a área de recreativa de Fondón, situada a beira do río Eo, na parroquia de Vilaboa, ocupa máis de 7000 m2 e é a primeira destas características que se fai no Concello de A Pontenova.

A sua distribución a catro niveis, a modo de terrazas, intentou respetar o máximo posible a forma do terreo e provocar o mínimo impacto nesta zona de ribeira.

Segundo palabras da proxectista “o deseño desta zona de esparcimento pretende ofrecer un espazo de disfrute integrado na natureza  e unha alternativa de ocio para a poboación local que non existía ata o dagora no concello de A Pontenova”.

    Ademáis de zona de baño e ocio, conta con numerosas mesas e escanos, e con instalacións de aseos, xogos infantís e aparcadoiro para mais de 20 vehículos. Conta tamén cunha caseta polivalente para uso educativo e ambiental.

Financiada polo anterior goberno autonómico BNG-PSdeG, contou cun investimento total de máis de 110.000 €, sendo a encargada de levar a cabo a execución da obra a empresa de Lugo Construcciones Casadir.


Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.