sábado, 13 de febrero de 2010

O SPORTING PONTENOVA RECUPERA A SONRISA


O equipo xuvenil do Sporting Pontenova silenciou as dúbidas que sobre el sondeaban logo da derrota a pasada xornada na súa visita a Xove.
Os rapaces de Moirón, impuxeronse por 1-3 a domicilio o Alfoz, remontando un gol en contra encaixado nunha xogado fortuíta que rematou cun penalty ante o que nada puido facer Xoel.
O equipo da Mina, rozou por momentos a perfección no seu xogo, nun campo, o Municipal de Alfoz que se atopaba en perfectas condicións para a práctica do fútbol.Por parte do equipo visitante os goleadores no día de hoxe foron Turbo (cun magnífico gol olímpico), Matelo (de panalty) e Roxo.
Con este triunfo o equipo da Mina, aventaxa en 8 puntos o segundo clasificado, Lourenzá, tras o tropezo deste na súa visita o Campo do Acebreiro, en A Pastoriza.
O próximo martes, as 16:30h no Campo da Mina, o equipo de Moirón xogará un choque crucial frente o Sagrado Corazón, da xornada correspondente o aplazado polo temporal de neve e vento que azoutou a nosa comunidade.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.