jueves, 28 de enero de 2010

Xa tardaban en vir pola n-640 na Pontenova.


Cando un os ve chegar exclama: Xa estan por ahi os do chapapote!!, e iso significa poñer todo perdido.
Os traballadores de conservacion da estrada, fan marabillas para os medios que teñen. Un camioncin descapotable, un angazo, unha horquilla, e un gran pison. Polo menos agora non caemos nos furados. Pepiño era o que tiña que vir tapar os furados e ver os medios que lle pon a esta xente, que xa teñen de abondo con regular o trafico. Ben, vai mandarnos 7,5 millons de €uros, xa iban vir o ano pasado, pero quedaronse xusto na entrada da Pontenova. Será verdade desta vola???

O Goberno destina 7,5 millóns a melloras na estrada N-640, entre Vegadeo e A Pontenova.

O deputado do PP Joaquín García Díez reuniuse onte co subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe, para exporlle a necesidade de axilizar as obras de mellora da N-640. O estado de conservación do viario, nos 20 quilómetros que separan A Pontenova e Porto, en Ribadeo), «é lamentable» e empeorou nos últimos meses por efecto da meteorología, segundo os populares.







García Díez comunicou a Vázquez Portomeñe as queixas do alcalde de Trabada, José Manuel Yañes Ginzo, «que leva meses intentando que as xustas reivindicacións dos veciños da súa comarca cheguen ao Goberno». E recordoulle que o Executivo socialista, en resposta a unha pregunta parlamentaria, asegurara que as obras estarían acabadas en 2009. A resposta do Executivo non tardou en chegar. O delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, anunciou onte que o proxecto para mellorar o firme do tramo da estrada N-640 entre Vegadeo e A Pontenova xa está redactado. O investimento previsto é de 7,5 millóns de euros e inclúe a mellora da capa de rodaxe, o balizamento e a construción dunha glorieta.
Louro referiuse, ademais, á rehabilitación do firme do tramo A Pontenova-Paraxes, en fase de execución, cun orzamento de 8,2 millóns. No tramo Paraxes-Lugo, «levou a cabo unha obra de desdobramento na zona da Campiña». En canto ao resto desta etapa do viario, «atópase en fase de redacción un proxecto de rehabilitación estrutural», cun gasto previsto de 11,9 millóns de euros.

O delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, anunciou onte que o Ministerio de Fomento está a redactar o proxecto para mellorar o firme da estrada N-640 no tramo comprendido entre Paraxes e Lugo (puntos quilométricos 61,7 e 92,8). Ademais, o delegado asegurou que no tramo A Pontenova-Paraxes do mesmo viario, entre os puntos quilométricos 37,7 e 61,7, está a executarse un proxecto de «conservación» e «rehabilitación estrutural do firme». Segundo avanza nun comunicado de prensa, «xa se procedeu á rehabilitación do firme, quedando pendente unicamente a capa de rodaxe, que se executará cando as condicións meteorolóxicas permítano».
Así mesmo, en canto ao tramo que discorre de Vegadeo á Pontenova (puntos quilométricos 13,4 ao 37,7), Louro informa de que xa está redactado o proxecto «mellora de rodaxe, balizamento e construción de glorieta na N-640». Indica de que o orzamento da actuación ascende a 7,5 millóns.
A Delegación do Goberno en Galicia sae deste xeito ao paso das denuncias e protestas que desde hai semanas impulsa un colectivo da Pontenova, a Asociación Cultural e Deportiva As Minas, á vista do «lamentable estado» que presenta a estrada nacional 640. A agrupación está a recoller firmas en distintos puntos da provincia de Lugo e do occidente de Asturias para reivindicar ante Fomento unha mellora en profundidade do viario. Ata o momento levan solicitadas ao redor de 600.
O BNG e o PP tamén efectuaron críticas nas últimas xornadas. Onte mesmo, o deputado popular Joaquín García Díez reuniuse co subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe, para trasladarlle «a necesidade de que o Executivo axilice as obras de mellora da N-640» debido ao «perigo que supón para os usuarios» do viario.
Neste sentido, a Delegación do Goberno asegura que «as actuacións para reforzar a seguridade viaria nesta estrada terán continuidade».




García Díez traslada al subdelegado del Gobierno los problemas de la N-640 

El diputado popular Joaquín García Díez se reunió ayer con el subdelegado del Gobierno en Lugo, José Vázquez Portomeñe, para trasladarle su preocupación por las deficiencias que presenta la N-640, que une Ribadeo y Lugo. García Díez pidió a Vázquez Portomeñe que traslade al Ejecutivo central su petición de agilizar la reparación, en especial, del tramo que va de A Pontenova a Porto (Ribadeo), de uns 20 kilómetros, que, en su opinión, se encuentra en un estado «lamentable». Este tramo pasa por A Pontenova, San Tirso de Abres (Asturias), Trabada y Ribadeo. García Díez argumenta que esta gestión es necesaria porque «el Gobierno no parece ser consciente de la situación, ya que en julio de este año aseguraba que la carretera se encontraba en buenas condiciones de rodadura». El diputado popular insistió en que «las travesías de A Pontenova y Ría de Abres (Trabada) dan muestra de la situación, con pavimento roto, encharcamiento y falta de medidas de señalización y protección para la población». La Delegación del Gobierno en Galicia difundió ayer un comunicado para indicar que el Ministerio de Fomento ya está actuado en la conservación del firme entre A Pontenova y Paraxes, proyecto en el que invertirá 8,2 millones de euros. Por lo que respecta al tramo Paraxes-Lugo, recordó que se está redactando el proyecto de rehabilitación de varios tramos de la N- 640 y N-642, con un presupuesto de 11,9 millones de euros. En esta misma fase está el arreglo del trecho Vegadeo-A Pontenova, al que se destinarán 7,5 millones.  


VOLVER A PONTENOVA.ES
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.