viernes, 22 de enero de 2010

O Pub Flanagan's Xove FS venceu ao Industrial Recense e toma vantaxe sobre os seus seguidores



O Pub Flanagan's Xove FS continúa coa súa marcha imparable e sumou a súa décimo segunda vitoria en tantos encontros disputados. Nin sequera o Industrial Recense de A Pontenova, conxunto que loita tamén polo ascenso na Liga Provincial foi quen de derrotar aos pupilos de Tito, que venceron a domicilio: 2-5.
Con estes tres puntos, os xovenses sitúanse nove puntos por enriba do cuarto clasificado (ascenden os tres primeiros), que xa xogou un partido máis que os mariñanos. Pola súa banda, o Recense veu como se lle achegan o cuarto e o quinto.

Os outros dous representantes da comarca saldaron a xornada cunha vitoria e un empate. O Opticalia Ribadeo derrotou ao Samos FS (1-3) e o Cubelas perdeu no seu feudo co Castroverde (4-5) e baixou ata a última posición do grupo, xa que o Taboada tamén gañou o seu partido.

VOLVER A PONTENOVA.ES
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.