martes, 15 de diciembre de 2009

Ramon Barrera Peña concelleiro de turismo da pontenova

POR: Isabel García Fernández FOTOS: Xeila As obras de encauzamento do río Eo, que está executando a Confederación Hidrográfica, e a rehabilitación da Praza dos Fornos suporán un novo recurso turístico para este concello mariñano. «Duplicamos o número de turistas este verán ata acadar as 1.798 persoas» a promoción turística realizada polo Concello da Pontenova en ferias nacionais, coma a especializada en turismo de interior, Intur, que se celebra cada ano en Valladolid, así coma noutras comarcais, coma a de mostras de Vegadeo, está dando os seus froitos coma ben demostra o incremento da cifra de turistas que se achegaron este ano a esta localidade. O concelleiro socialista de Turismo e Promoción Económica, Ramón Barrera Peña, de orixe vegadense, sabe que as obras que neste momento se están a executar no seu concello contribuirán a atraer a un maior número de visitantes.
Cales son as actuacións que máis van a atraer ó turismo no futuro? Por unha banda, a do encauzamento do Eo, que estará rematado a finais de 2010, porque creará unha importante zona verde ó carón do río, será unha grande zona de esparcemento e de recreo que pode que chegue, coma estamos negociando agora coa Confederación Hidrográfica do Cantábrica, dende a Chousa da Vilaoudriz ata as piscinas municipais, entre a desembocadura dos cauces do Turia e do Eo. Polo que quedará unha zona magnífica tanto para pescadores, coma para paseantes. E por outra banda, a case xa terminada rehabilitación da Praza dos Fornos, que da boa conta do patrimonio e do pasado industrial da zona, por iso hai réplicas de vías e andéns de ferrocarril que transportaban o ferro das minas e coa que se dotou dun espazo aberto a este pobo tan encaixonado. Só falla colocar unha rampa para os discapacitados para subir ós fornos e as farolas. Outro dos obxetivos do Concello é explotar a ferreiría de Bogo, como avanza o proxecto? Temos dispoñible xa un crédito do Instituto de Crédito Oficial de 700.000 euros, case en efectivo, para mercar a ferreiría e para acondicionala para que poida recibir visitas. Tan só estamos á espera da autorización da Xunta para adquirila, xa que é necesario o seu consentimento, posto que tamén a Administración autonómica forma parte da concesión de explotación deste inmoble que data do século XVI que se asinou aló polo ano 1997 e cuxo prazo remata en 2012. Precisamente A Pontenova diferénciase doutros lugares por ter un patrimonio industrial imram portante, ligado á tradición mineira en torno ó ferro. Neste senso, a ferreiría foi construída por Pedro Miranda, un noble que era familiar do mariscal Pardo de Cela e que tamén foi axusticiado. Cantos visitantes recibiron este ano no Concello? Aínda non están pechados os datos deste ano, faltan os do último trimestre no que estamos aínda, así que dende xaneiro e ata o mes de setembro pasaron pola oficina de turismo 4.000 persoas, fronte ás 2.000 que viñeran o ano anterior, dende o mes de xullo, xa que foi cando abriu dito departamento que non había ata entón no concello e co que podemos precisar cifras. Polo que respecta ó verán, duplicouse a cifra en comparación ca do ano pasado, e acadamos os 1.798 turistas fronte ós 850 que viñeron no verán de 2008. En xeral, a meirande parte proceden doutras zonas de Galicia, pero tamén veñen moitos madrileños. De tódolos xeitos, son as festas patronais de outubro e a Queima dos Fornos as que seguen atraendo a moitos turistas. Pero non cabe dúbida de que a Festa da Troita, en maio, o Festival das Minas, en agosto, a Feira de Antigüidades e a concentración de sendeirismo atraen cada ano a moita xente. Incrementouse tamén a oferta hoteleira? Si, de feito dende que estamos no Concello, hai un par de anos, A Pontenova pasou de non ter apenas oferta a ter tres establecementos de turismo rural, o Hotel Machuco, A Estación e A Casa Nova que fan aproximadamente un total de 18 prazas hoteleiras. Que bota en falta na Pontenova? Sería interesante crear algún museo ou centro de interpretación relacionado co río e o seu ecosistema e tamén co pasado mineiro do lugar e recuperar a pesca no Eo. VOLVER A PONTENOVA.ES
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.