martes, 17 de noviembre de 2009

Óscar López e Iván Gómez, Subcampións Galegos de Grupo N


A pesar da complicada climatoloxía presente ao longo de toda a xornada do Sábado en Santiago, os lucenses foron capaces de realizar unha proba sen erros que os levou ao terceiro posto entre os vehículos do Grupo N, e automaticamente ao Subcampeonato Galego.
Cun piso tremendamente delicado desde o inicio, López e Gómez comezaban con certa prudencia na primeira especial para posteriormente comezar a aumentar o ritmo de forma progresiva até chegar ao ecuador da proba en cuarta posición entre os vehículos de Grupo N. Na segunda parte do mesmo, López decidíase a atacar e conseguía enxugar a desvantaxe co vigués Cousiño na segunda especial, aumentando a súa vantaxe até os 30 segundos coa chegada da noite, logrando mantela para facela definitiva á chegada ao parque pechado final onde o 206 RC de Sta. Apolonia alzábase cun loitado Subcampeonato de Grupo N.
Á súa chegada a Amio, Óscar López recoñecía estar moi contento, posto que conseguimos alzarnos co Subcampeonato de Grupo N despois dunha bonita loita con Javier Cousiño, ao que me gustaría felicitar pola súa gran tempada. Hoxe o día presentábase complicado para nós debido ao deslizante do piso, pero unha vez máis todo funcionou á perfección e despois dun inicio cauto tivemos que ir atacando cada vez máis até podernos levantar á terceira posición e así cumprir co noso obxectivo. O coche volveu ha funcionar ao 100% como toda a tempada e o equipo volveu a realizar un gran traballo, co cal hoxe a sensación é de completa satisfacción, e sen dúbida é un gran resultado para completar o ano.
Unha vez finalizada a tempada, os irmáns López Salgado queren agradecer aos seus colaboradores Antalsis, Kobem G.D.I., Revestimientos Hondigo, Concello da Pontenova, Congelados Asturgalaicos, Desguaces Herbón, Prodausa, Ferros Alonso, Merendero El Mazo, Fundación Deporte Galego e Automóviles Iván o apoio prestado, así como brindarlles a consecución deste resultado.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.