domingo, 19 de julio de 2009

DARÍO CAMPOS: "LA MANIPULACIÓN Y LA MENTIRA, EL MEJOR COMPAÑERO DE VIAJE PARA LOS POPULARES"


Desde el Partido Socialista de A Pontenova denuncian que la manipulación y la mentira sigue siendo el mejor compañero de viaje para los populares. Los socialistas aclaran que ellos nunca han dicho que se prescindiría del área de autocaravanas. Lo que desde el partido socialista se manifestó es que a esa área se le daría otra ubicación mucho más adecuada para todos, ya que la actual localización del área de autocaravanas en un espacio urbano, en el centro del pueblo, no es la mejor por cuestiones higiénicas, estéticas y urbanísticas.
COPE DE LA COSTA.

Sigue leyendo...



O Grupo do PP da Pontenova considera que o importante son as preguntas que plantexa nos plenos e da por feito que as respostas van ser as que lle gustaría escoitar para seguir facendo a súa política basada na mentira, no fraude e na manipulación.
É evidente que os concelleiros do PP da Pontenova non escoitaron as respostas que deu o alcalde ás súas preguntas. Nin lles importan nin lles interesan as respostas, as preguntas son o medio e o fin en si mesmas.
Nin o Alcalde nin o grupo de goberno da Pontenova dixeron nunca que se “prescindiría da área de autocaravanas”.
No pleno do pasado xoves 2 de xullo quedou ben claro unha vez mais que este servizo trasladarase a outra ubicación máis axeitada para todos, tanto autocaravanistas como veciños da Pontenova.
A ocupación dun espazo urbano coma o actual en pleno centro da vila non é o máis axeitado por cuestións hixiénicas, estéticas e urbanísticas, menos ainda tendo en conta que se atopan nun entorno protexido como é o dos fornos. Pero o asunto é que tamén este tema se manipula por parte do grupo popular para seguir na súa teima de desgaste ao goberno municipal. A pregunta é sinxelamente ¿Que valor lle da o PP da Pontenova á verdade?.
A política turística do concello da Pontenova, nunca foi tan clara, nin nunca a aposta polo desenvolvemento deste sector foi tan decidida como é dende que os socialistas gobernan na Pontenova.
Está claro que a Ferrería de Bogo necesita volver a ser rehabilitada, precisamente por unha política do Partido Popular na Pontenova carente de planificación e de coherencia. Lamentablemente os máis de 250.000,00 Euros que a Xunta de Galicia investíu na Ferrería hai máis de 10 anos non tiveron os resultados que serían de esperar, precisamente por unha política errática, carente de sentido e planificación, que se desenvolveu nos derradeiros anos de gobernos populares. Gobernos populares dos que precisamente formaba parte quen hoxe quer sementar dúbidas sobre o traballo dos socialistas a prol do turismo e do desenvolvemento económico da Pontenova.
A estas alturas, o colmo da indecencia política e ter que soportar críticas sobre a apertura dunha oficina de turismo que proveñan do Partido Popular. O anterior goberno da Xunta de Galicia aportou para a oficina de turismo unha subvención para a contratación do persoal axeitado. Esa subvención solicitada este ano 2009, ainda non foi concedida polo novo goberno presidido por Feijoo, polo tanto ainda ten o PP a oportunidade de demostrar que tamén a súa aposta é real e concederá a subvención, nin máis nin menos que nas condicións do ano anterior. Sinceramente, pensamos que o Partido Popular da Pontenova estará a favor de que se lle conceda ao Concello esta subvención; en caso de que detrais de toda esta dialectica basura do voceiro popular se esconda a súa oposición á subvención e polo tanto á continuidade da oficina de turismo, deberá explicar as súas razóns.
No último pleno do Concello o Partido popular da Pontenova votou en contra da gratuidade dos libros de texto.
Ao rexeitar co seu voto unha moción socialista que pedía instar á Xunta de Galicia a continuar ca política de gratuidade dos libros de texto para todo o ensino obrigatorio establecida na pasada lexislatura demostrou unha vez máis a súa absoluta falta de sensibilidade social; nin siquiera tiveron a decencia política de absterse. Tendo en conta esta actitude onde antepoñen os intereses do Partido Popular aos da Pontenova e aos da cidadanía en xeral, demostran unha vez máis que non son de fiar.
A área recreativa de Fondón en Vilaboa (A Pontenova) é unha obra plantexada e promovida polo goberno socialista.
O PP plantexou no pleno do Concello unha pregunta sobre o inicio das obras da área recreativa de Fondón e sobre a súa financiación. Nunca plantexou ningún rogo, nin se trata dunha mellora na área recreativa senón da súa creación gracias a un convenio ca Consellería de Medio Ambiente. Nin o anterior Goberno do PP nin os actuais concelleiros plantexaron nunca tal obra nin como mellora nin como nova creación, polo tanto dar a entender que a área xa existía é unha proba máis do seu afán manipulador e falaz.
As obras que se van iniciar proximamente en Fondón tiveron a súa tramitación administrativa e os prazos correspondentes como calqueira obra pública. Esto que parece obvio, hai que explicarllo unha vez máis aos concelleiros populares da Pontenova que se movían na súa etapa de goberno entre ás construccións ilegais, a ausencia de proxectos de construcción e urbanización, a inexistencia de tramitacións administrativas, as contratacións en fraude de lei e o pago de facturas fraudulentas, entre outras actuacións rexeitables política e xuridicamente.

Nin Darío Campos nin o grupo Socialista falta á verdade cando informan do pago de facturas ao Arquitécto técnico do Concello por traballos feitos mentras cobraba o desemprego.
Non se pode parapetar o voceiro do PP detrais dun funcionario e dun trámite de intervención para diluir a súa responsabilidade no pago de facturas fraudulentas e ao tempo tirar lixo contra quen está a defender a verdade con probas documentais fehacientes.
Igual de grave é que unha persoa que percibe o desemprego faga traballos e cobre por eles como que quen ten responsabilidade de goberno ordene o seu pago coñecendo esta situación.
Non sabemos que é o que entende o voceiro popular por “estricta legalidade” nin por “que este pago pase por el trámite de intervención”. Nós estamos convencidos de que foron pagos ilegales e que se lle poido ter ocultado información ao interventor municipal; pero ainda sendo así, o pago e o cobro destas facturas e moral e éticamente rexeitable sin ningún tipo de paliativo.
Políticamente esta actitude escapista e cobarde esixe que se asuman responsabilidades e se devolva o diñeiro cobrado/pagado ilegalmente. Nós dende o goberno municipal asumiremos as nosas sin escondernos detrais de naide, pero tamén esiximos con total contundencia que o PP asuma as que tivo da súa etapa de goberno; as vías para asumir estas responsabilidades deben escollelas os concelleiros populares sin demora.


Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.