lunes, 1 de junio de 2009

LA RECUPERACIÓN DE LA RUTA DEL TREN MINERO CUBRE OTRA ETAPA


El Ministerio de Medio Ambiente saca a concurso la redacción del proyecto de recuperación de la antigua ruta del tren minero entre Vilaodriz y Ribadeo, en el tramo Vilavella-Trabada. La redacción de este proyecto cuenta con una inversión de 147.000 euros.
COPE DE LA COSTA

Sigue leyendo...



El alcalde ribadense, Fernando Suárez, dijo que se trata de un proyecto fundamental para los ayuntamientos de Trabada y Ribadeo, uniendo con una senda verde lo que fue la ruta del tren minero.


O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, tilda de moi positivo que o Ministerio de Medio Ambiente saque a concurso a redacción do proxecto de recuperación da ruta do antigo tren mineiro entre a Vilavella e Ribadeo. As empresas poden presentar ofertas ata o vindeiro 6 de xuño. O presuposto para a redacción de dito proxecto é de 147.000 euros. O rexedor asegura que “podemos dicir que finalmente comenza a conta atrás para que este proxecto sexa unha realidade. Levámolo debatindo desde hai 20 anos en varios cumios interautonómicos, a Xunta de Galicia tivo dado mostras de levalo adiante, pero nunca se fixo. Por fin podemos dicir que o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, saca a concurso a redacción do proxecto tal e como acordamos hai meses co responsable de Costas. É fundamental para os Concellos de Ribadeo e de Trabada e para poder unir outra vez a través de senda verde o que foi a ruta do tren mineiro entre Vilaodriz e Ribadeo. Alí sacóuse moito mineral de ferro e houbo unha vía de transporte de pasaxeiros e agora comenzamos a conta atrás para que sexa unha realidade”.
Suárez Barcia explicou que “está en período de presentación de ofertas a redacción do proxecto para a recuperación do antiga ruta do tren mineiro entre a Vilavella eTrabada. O prazo está aberto ata o 6 de xuño e a redacción de dito proxecto ten un presuposto de 147.000 euros. Hai que ter en conta a envergadura deste proxecto, xa que afecta a dous concellos, xa que seguramente haberá que expropiar terreos para poder dar unidade a toda a vía e penso que desde agora, desde que se licita o proxecto, ata que se adxudique e que se liciten posteriormente as obras van pasar meses”.
O alcalde insiste en que “é a conta atrás e este gran proxecto turístico, medio ambiental, de descubrir a ría de Ribadeo por diferentes puntos que habitualmente a xente non está afeita a vela e que por esta mesma vía verde que se adentra polo río Eo arriba poderá permitir que xente de Ribadeo poida ir andando a Trabada por sitios magníficos e maravillosos ou en bicicleta sen prácticamente desniveis. E é un proxecto que traerá riqueza desde o punto de vista turístico e que lle vai vir moi ben a toda esta oferta hoteleira e hosteleira que temos no noso concello, e que tamén beneficiará a Trabada, San Tirso ou A Pontenova”.VOLVER
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.