miércoles, 27 de mayo de 2009

PROGRAMA DE VACACIÓNS PARA MAIORES ( IMSERSO)


O Concello da Pontenova informa:
PROGRAMA DE VACACIÓNS PARA MAIORES ( IMSERSO)
O Instituto de Maiores e Servizos Sociais ven de publicar o programa de vacacións para
maiores no que se integran as distintas modalidades para que as persoas de máis de 65
anos de idade poidan disfrutar dunhas vacacións no período comprendido entre os
meses de outubro de 2009 e xuño de 2010, segundo a modalidade:
 Estadías en zonas costeiras.
 Viaxes culturais para coñecer a Historia e a Arte de España.
 Turismo de natureza con rutas por paraxes pintorescos.
 Intercambio con outros países.
■ Servizos incluídos:
 Viaxe ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e
regreso, agás para a modalidade de viaxes sen transporte.
 Aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en
hoteis seleccionados polo IMSERSO. Contémplase o aloxamento en habitación
individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de
prazas.
 Servizo médico, complementario da Seguridade Social, no propio hotel.
 Programa de animación
 Póliza colectiva de seguros
Prazo de Presentación de Solicitudes: Ata o 17 de xuño de 2009.
Para máis información acudir á Oficina Técnica de Servizos Sociais ou chamar ó
teléfono 982342277.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.